Elefante Elegante estrea “Coralinda” este sábado en Rianxo

Este sábado 21 de marzo o Auditorio Municipal de Rianxo vai acoller a estrea oficial de Coralinda, da compañía Elefante Elegante. Será na Sala Arcos Moldes do Auditorio a partir das 19.00 horas. Trátase dunha peza familiar para crianzas a partir de 3 anos. A entrada é de balde ata completar a capacidade do recinto […] Este sábado 21 de marzo o Auditorio Municipal de Rianxo vai acoller a estrea oficial de Coralinda, da compañía Elefante Elegante. Será na Sala Arcos Moldes do Auditorio a partir das 19.00 horas. Trátase dunha peza familiar para crianzas a partir de 3 anos. A entrada é de balde ata completar a capacidade do recinto  

Este sábado 21 de marzo o Auditorio Municipal de Rianxo vai acoller a estrea oficial de Coralinda, da compañía Elefante Elegante. Será na Sala Arcos Moldes do Auditorio a partir das 19.00 horas. Trátase dunha peza familiar para crianzas a partir de 3 anos. A entrada é de balde ata completar a capacidade do recinto (con retirada de convites dende unha hora antes da función).

Trátase dunha comedia xestual dirixida ao público infantil e familiar: unha proposta escénica ao estilo dos debuxos animados que aborda a temática da inmigración e do medo ao diferente desde o humor, a poesía visual e a emoción. A obra convida a reflexionar sobre as experiencias das persoas que viaxan lonxe da súa terra na procura de mellores condicións de vida.

O espectáculo nace dunha colaboración internacional entre a compañía galega Elefante Elegante e a compañía portuguesa Trigo Limpo Teatro Acert, consolidando unha coprodución galego-portuguesa que reforza os vínculos culturais entre ambos territorios.​

Sinopse

Nun lugar cincento, vive un señor todo vestido de cincento que manipula unha serie de caixas… cincentas. Un día, chega unha muller. Ven cantando e bailando alegremente. Trae un vestido colorido e unha actitude exuberante que non deixa a ninguén indiferente. Así que ve ao señor, diríxese a el. Pero este, desconfiado ante a expresividade dos xestos dela e o volume da súa música, constrúe un enorme muro que lle impide entrar. Ela tenta dicirlle que as súas intencións son pacíficas, pero o señor amósase indispoñíbel a se comunicar coa visitante. Será que estas dúas persoas tan opostas serán quen de construír un lugar diferente, onde collan moitas máis cores e máis persoas?

O espectáculo aborda a temática da inmigración e do medo ao que é diferente a través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, a obra constrúe un universo cómico e poético que transita do realismo á hipérbole da vida cotiá.

O proxecto conta coa subvención da AGADIC – Xunta de Galicia e está coproducido polo Concello de Culleredo e por Trigo Limpo Teatro Acert. Colaboran ademais o Concello de Carral e o Concello de Rianxo.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas