Ribeira convoca a toda a Clase ILCA nas augas da ría de Arousa

Juan Caballero (texto e fotos). A Biblioteca do Club Náutico e Deportivo de Ribeira foi marco de acollida da presentación do Campionato Galego de ILCA, que do 28 ao 30 de marzo vai disputar nas augas arousás que bañan as súas beiras. Con preto de un centenar de convocados, a cita velística galega está considerada […]
O artigo Ribeira convoca a toda a Clase ILCA nas augas da ría de Arousa publicouse primeiro en O Barbanza. Juan Caballero (texto e fotos). A Biblioteca do Club Náutico e Deportivo de Ribeira foi marco de acollida da presentación do Campionato Galego de ILCA, que do 28 ao 30 de marzo vai disputar nas augas arousás que bañan as súas beiras. Con preto de un centenar de convocados, a cita velística galega está considerada
O artigo Ribeira convoca a toda a Clase ILCA nas augas da ría de Arousa publicouse primeiro en O Barbanza.  

Juan Caballero (texto e fotos). A Biblioteca do Club Náutico e Deportivo de Ribeira foi marco de acollida da presentación do Campionato Galego de ILCA, que do 28 ao 30 de marzo vai disputar nas augas arousás que bañan as súas beiras.

Con preto de un centenar de convocados, a cita velística galega está considerada de alto nivel, non só polo volume de participantes, senón tamén pola súa calidade, con tres categorías da modalidade individual que son todo un referente: ILCA 4, a máis xuvenil e un dos pasos naturais tras deixar o Optimist; o ILCA 6, categoría olímpica feminina; e o ILCA 7, tamén olímpica masculina e na que toman parte os máis avezados e con maior fortaleza física e técnica.

Asistiron á presentación a alcaldesa da localidade ribeirense, María Sampedro; o presidente de honra e socio fundador do Club, en calidade de presidente de FRINSA do Noroeste, Ramiro Carregal Rey; a responsábel de Relacións Externas de CONGALSA, Isabel Cañas; o delegado en Ribeira de GADIS, Luis Vázquez; o vicepresidente da Real Federación Galega de Vela, Pedro Piñeiro; o comodoro do Náutico, José Luís Lomba; e os directivos Justo Arevalillo e José Díaz, nun acto conducido polo seu presidente, José Luis Torres Colomer.

“Síntome moi orgulloso e feliz do que chegou a ser hoxe este club, porque vós o coñecedes como é hoxe, pero eu coñecino cando empezou cando tan só eramos cinco barcos”, comentaba de maneira nostálxica un emocionado Ramiro Carregal, engadindo que “hai que recoñecer que esta ría de Arousa, que é a máis bonita do mundo, tiña que ter un club como o noso, así que máis contento non podemos estar”, concluía o presidente de FRINSA do Noroeste.

“Esta regata, como ben a definiu o presidente Colomer, ben se podería chamar a regata da unión, xa que as persoas que hoxe nos atopamos nesta mesa, así o constatan”, comentaba María Sampedro, quen apuntou que “con esta importante cita coa vela que se vai a desenvolver neste tramo de costa, entre o Náutico e Coroso, está claro que Ribeira é un municipio que mira ao mar, non só no ámbito turístico senón tamén no deportivo”. Seguía na súa alocución dicindo que “neste campionato vai participar unha boa representación de regatistas de Ribeira entre os que destaca Bruno Iglesias ao que xa homenaxeamos no seu momento como campión da Copa de España de ILCA 6”, terminaba explicando a máxima rexedora ribeirense.

“CONGALSA non dubidou nin un só minuto en colaborar con esta proba en canto recibimos a chamada do presidente”, explicaba Isabel Cañas. “A colaboración co club é moi estreita, de feito, somos promotores da Regata CONGALSA, así que estamos encantados de facelo”, terminaba dicindo a Xefa de Relacións Externas.

“Son 13 os clubs galegos que van participar, desenvolvendo un amplo despregamento de organización e seguridade na mar, entre os que se atopan Cruz Vermella e Protección Civil, pero tamén quería resaltar a ilusión e o ánimo que vexo nesta proba, non só entre a xunta directiva e o persoal de administración, senón tamén entre a propia mariñeiría, o que supón un gran apoio, do mesmo xeito que Lajareu por Barlovento, asociación cultural e deportiva que se dedica á promoción da navegación tradicional en dorna, que nos cede o seu espazo para poder deixar os barcos e os remolques”, comentaba Colomer como complemento á información facilitada polo seu comodoro.

“Queremos felicitar á organización polo traballo que hai detrás, nun evento como este, que require de moita dedicación e coordinación para que saia adiante”, afirmaba o delegado de GADIS, engadindo que “para nós é unha satisfacción o poder colaborar nunha competición como esta, que reúne a regatistas de toda Galicia e que contribúe a seguir impulsando o deporte da vela e os valores que o comparten como son o esforzo, o compañeirismo ou a superación”, dicía Luís Vázquez.

“Para a Real Federación Galega de Vela é unha gran satisfacción o estar hoxe aquí, nun club que impulsa de maneira puxante o noso deporte, contando con grandes benefactores como Ramiro Carregal, CONGALSA ou GADIS”, explicaba o vicepresidente federativo. “Sempre contaredes co noso apoio, cunha mirada moi especial e cariñosa para este club”, concluía Piñeiro.

O Campionato Galego de ILCA vai celebrar entre o 28 e o 30 de marzo, aproveitando o período vacacional da Semana Santa, con tres probas por xornada, é dicir, 9 na súa totalidade para as tres categorías.

Conta co patrocinio de FRINSA, CONGALSA, GADIS, A Poutada, Álvarez Riveira e a colaboración do Excmo. Concello de Ribeira e a Real Federación Galega de Vela.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas