A Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro) consolídase como un referente estatal da música en directo

A sala Pousada da Galiza Imaxinaria, situada en Boiro, vén de acadar un novo recoñecemento a nivel estatal ao ser seleccionada, unha vez máis, dentro do prestixioso circuíto #REDdeSALAS, impulsado pola Asociación Estatal de Salas de Música en Directo (ACCES). Este programa, ten como obxectivo apoiar a programación musical de salas privadas de todo o […]
O artigo A Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro) consolídase como un referente estatal da música en directo publicouse primeiro en O Barbanza. A sala Pousada da Galiza Imaxinaria, situada en Boiro, vén de acadar un novo recoñecemento a nivel estatal ao ser seleccionada, unha vez máis, dentro do prestixioso circuíto #REDdeSALAS, impulsado pola Asociación Estatal de Salas de Música en Directo (ACCES). Este programa, ten como obxectivo apoiar a programación musical de salas privadas de todo o
O artigo A Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro) consolídase como un referente estatal da música en directo publicouse primeiro en O Barbanza.  

A sala Pousada da Galiza Imaxinaria, situada en Boiro, vén de acadar un novo recoñecemento a nivel estatal ao ser seleccionada, unha vez máis, dentro do prestixioso circuíto #REDdeSALAS, impulsado pola Asociación Estatal de Salas de Música en Directo (ACCES). Este programa, ten como obxectivo apoiar a programación musical de salas privadas de todo o Estado español, promovendo a circulación de artistas e fortalecendo a oferta cultural en todo o territorio.

A sala boirense logrou unha valoración superior aos 80 puntos no proceso de selección, situándose ao nivel de espazos de referencia nacional como a Siroco ou El Sol en Madrid, ou a Sala Apolo en Barcelona. Este resultado evidencia a calidade do proxecto presentado polo hostaleiro local Suso Santamaría, así como a profesionalización e continuidade da súa programación musical.

Grazas a esta axuda, a Pousada da Galiza Imaxinaria poderá organizar nos vindeiros meses dous concertos de artistas nacionais, reforzando así a súa aposta por achegar propostas musicais de primeiro nivel ao público local e da contorna.

Desde a Asociación Boirense de Empresas (ABE), da que a sala forma parte, quixeron poñer en valor este fito como “un exemplo do potencial do tecido empresarial local” e lembraron que “a Pousada da Galiza Imaxinaria non só destaca pola súa actividade cultural, senón tamén polo seu impacto económico e social, actuando como un verdadeiro motor de dinamización que atrae visitantes a Boiro e contribúe á actividade do comercio e da hostalaría local”.

A súa presenza en circuítos estatais como #REDdeSALAS reforza a imaxe de Boiro como un destino activo e atractivo, capaz de ofrecer experiencias culturais de calidade e competir en igualdade de condicións con grandes cidades.

Este recoñecemento supón, en definitiva, “un orgullo para a vila e para o conxunto da ABE”, que segue apostando por iniciativas que xeran valor, visibilidade e oportunidades para o desenvolvemento económico e cultural do territorio.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas