Manuel Losada lanza dúas novelas e un poemario nun momento persoal delicado

O escritor arousano Manuel Losada, coñecido como o “Stephen King da Arousa” , sorprendeu ao panorama literario co lanzamento simultáneo de dúas novas novelas e un poemario, nun momento especialmente complexo da súa vida persoal. Afincado desde hai anos en Boiro, o autor atravesa actualmente un problema de saúde derivado dun accidente laboral sufrido durante […]
O artigo Manuel Losada lanza dúas novelas e un poemario nun momento persoal delicado publicouse primeiro en O Barbanza. O escritor arousano Manuel Losada, coñecido como o “Stephen King da Arousa” , sorprendeu ao panorama literario co lanzamento simultáneo de dúas novas novelas e un poemario, nun momento especialmente complexo da súa vida persoal. Afincado desde hai anos en Boiro, o autor atravesa actualmente un problema de saúde derivado dun accidente laboral sufrido durante
O artigo Manuel Losada lanza dúas novelas e un poemario nun momento persoal delicado publicouse primeiro en O Barbanza.  

O escritor arousano Manuel Losada, coñecido como o “Stephen King da Arousa” , sorprendeu ao panorama literario co lanzamento simultáneo de dúas novas novelas e un poemario, nun momento especialmente complexo da súa vida persoal.

Afincado desde hai anos en Boiro, o autor atravesa actualmente un problema de saúde derivado dun accidente laboral sufrido durante a súa etapa como traballador do Concello, que lle provocou unha afección na medula. A pesar desta situación, continuou co seu labor creativo ata culminar estas novas publicacións.

Entre as obras presentadas destaca a segunda parte de El banco de Carmen, cuxa trama volve desenvolverse en Boiro e incorpora, como xa ocorreu na primeira entrega, a veciños reais do municipio como personaxes da historia.

A esta súmase O eco das augas mortas, ambientada no Incio, onde un inquietante misterio se desenvolve no balneario de Ferrería, consolidando o estilo do autor dentro do xénero de suspense.

O terceiro lanzamento é un poemario no que Losada explora unha vertente máis íntima e emocional, afastándose do terror para adentrarse no terreo da sensibilidade e os sentimentos.

“Nun momento complicado, o apoio da miña muller foi clave para poder terminar estes proxectos” , sinalou o propio escritor.

Este triplo lanzamento reforza a traxectoria de Manuel Losada, autor da obra A fábrica do esquecemento, e consolídao como unha das voces destacadas do xénero do misterio en Galicia.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas