Rianxo homenaxea a “O Peruco” no 50 aniversario do achado do Casco de Ouro de Leiro

O municipio de Rianxo conmemorará o 50 aniversario do descubrimento do Casco de Ouro de Leiro cun acto institucional de homenaxe a José María Vicente Somoza, o veciño que realizou este achado histórico en 1976. Aquel 7 de abril, no lugar do Curruncho dos Porcos, en Leiro, “O Peruco” atopou de maneira casual unha das […]
O artigo Rianxo homenaxea a “O Peruco” no 50 aniversario do achado do Casco de Ouro de Leiro publicouse primeiro en O Barbanza. O municipio de Rianxo conmemorará o 50 aniversario do descubrimento do Casco de Ouro de Leiro cun acto institucional de homenaxe a José María Vicente Somoza, o veciño que realizou este achado histórico en 1976. Aquel 7 de abril, no lugar do Curruncho dos Porcos, en Leiro, “O Peruco” atopou de maneira casual unha das
O artigo Rianxo homenaxea a “O Peruco” no 50 aniversario do achado do Casco de Ouro de Leiro publicouse primeiro en O Barbanza.  

O municipio de Rianxo conmemorará o 50 aniversario do descubrimento do Casco de Ouro de Leiro cun acto institucional de homenaxe a José María Vicente Somoza, o veciño que realizou este achado histórico en 1976.

Aquel 7 de abril, no lugar do Curruncho dos Porcos, en Leiro, “O Peruco” atopou de maneira casual unha das pezas máis singulares da ourivaría prerromana da Península Ibérica, un casco de ouro datado entre os séculos IV e III a.C., que hoxe constitúe un símbolo do patrimonio arqueolóxico galego.

Cinco décadas despois, o venres 17 de abril celebrarase un acto aberto no Pazo de Martelo, ás 19.00 horas, co obxectivo de recoñecer tanto o valor do achado como a figura de Somoza, que aos seus 90 anos segue sendo lembrado polo seu comportamento exemplar ao poñer a peza a disposición do coñecemento público.

A homenaxe está promovida pola Asociación Etnolóxica Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao en colaboración co Concello, e incluirá unha mesa redonda moderada por Xusto Ordoñez.

No encontro participarán especialistas e representantes institucionais como o alcalde Julián Bustelo, o xefe do Servizo de Arqueoloxía da Xunta Roberto Pena Puentes, a investigadora do CSIC Elena Cabrejas Domínguez, o divulgador Manuel Gago, o arqueólogo Rafael María Rodríguez Martínez, e Mario César Vila, ademais dunha intervención en vídeo de Bea Comendador.

O acto servirá tamén para afondar no significado histórico do casco, unha peza de gran valor simbólico, probablemente vinculada a usos rituais, cerimoniais ou de prestixio nas sociedades da Idade do Ferro. O seu achado illado encaixa no fenómeno dos chamados “tesouros” ou depósitos intencionais de obxectos valiosos.

Desde a súa descuberta, o Casco de Ouro de Leiro converteuse nun referente fundamental para comprender a riqueza cultural das comunidades do noroeste peninsular antes da romanización.

A organización fai un chamamento á participación cidadá nunha xornada que pretende non só lembrar un fito histórico, senón tamén reforzar o compromiso coa protección, estudo e difusión do patrimonio cultural galego.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas