Acto vandálico no petróglifo de A Foxa Vella en Rianxo, un ben patrimonial protexido

O petróglifo de A Foxa Vella, situado na parroquia de Leiro, no municipio de Rianxo, foi obxecto dun grave acto vandálico que provocou danos significativos nos seus gravados. Segundo informou o Concello, o autor ou autores empregaron probablemente unha pedra para rabuñar parte das figuras, deixando marcas visibles e mesmo garabateando letras sobre a superficie […]
O artigo Acto vandálico no petróglifo de A Foxa Vella en Rianxo, un ben patrimonial protexido publicouse primeiro en O Barbanza. O petróglifo de A Foxa Vella, situado na parroquia de Leiro, no municipio de Rianxo, foi obxecto dun grave acto vandálico que provocou danos significativos nos seus gravados. Segundo informou o Concello, o autor ou autores empregaron probablemente unha pedra para rabuñar parte das figuras, deixando marcas visibles e mesmo garabateando letras sobre a superficie
O artigo Acto vandálico no petróglifo de A Foxa Vella en Rianxo, un ben patrimonial protexido publicouse primeiro en O Barbanza.  

O petróglifo de A Foxa Vella, situado na parroquia de Leiro, no municipio de Rianxo, foi obxecto dun grave acto vandálico que provocou danos significativos nos seus gravados.

R

Segundo informou o Concello, o autor ou autores empregaron probablemente unha pedra para rabuñar parte das figuras, deixando marcas visibles e mesmo garabateando letras sobre a superficie do conxunto rupestre.

O goberno local puxo os feitos en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e advertiu de que o responsable podería enfrontarse a sancións de ata 150.000 euros, dado o alto nivel de protección do xacemento.

Declarado Ben de Interese Cultural, A Foxa Vella foi unha das primeiras estacións de arte rupestre documentadas na comarca nos anos 70, nun momento no que apenas se coñecían conxuntos deste tipo na zona.

O petróglifo destaca pola súa singularidade, con motivos concéntricos e representacións de armas, así como figuras de cruces e unha estrela de David, estas últimas posiblemente incorporadas en épocas posteriores.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas