O Consello da Xunta de Galicia aprobou o nomeamento de Rosa María Crujeiras Casais como nova reitora da Universidade de Santiago de Compostela, tras gañar as eleccións celebradas o pasado 11 de marzo. A nova reitora tomará posesión do cargo este venres 10 de abril. Crujeiras convértese así na primeira muller en asumir este cargo […]
O artigo A ribeirense, Rosa Crujeiras, nova reitora da Universidade de Santiago, primeira muller no cargo en Galicia tomará posesión o venres publicouse primeiro en O Barbanza. O Consello da Xunta de Galicia aprobou o nomeamento de Rosa María Crujeiras Casais como nova reitora da Universidade de Santiago de Compostela, tras gañar as eleccións celebradas o pasado 11 de marzo. A nova reitora tomará posesión do cargo este venres 10 de abril. Crujeiras convértese así na primeira muller en asumir este cargo
O artigo A ribeirense, Rosa Crujeiras, nova reitora da Universidade de Santiago, primeira muller no cargo en Galicia tomará posesión o venres publicouse primeiro en O Barbanza.
O Consello da Xunta de Galicia aprobou o nomeamento de Rosa María Crujeiras Casais como nova reitora da Universidade de Santiago de Compostela, tras gañar as eleccións celebradas o pasado 11 de marzo. A nova reitora tomará posesión do cargo este venres 10 de abril.

Crujeiras convértese así na primeira muller en asumir este cargo nunha universidade galega, sucedendo a Antonio López Díaz, quen estivo á fronte da institución desde 2018.
Nada en Artes (Ribeira) en 1978, é licenciada en Matemáticas e catedrática de Estatística e Investigación Operativa. A súa traxectoria investigadora céntrase no desenvolvemento de metodoloxía non paramétrica para a análise de datos complexos, e conta cunha destacada carreira docente e científica, con numerosas publicacións e experiencia internacional como investigadora posdoutoral na Université catholique de Louvain.
Ao longo da súa carreira recibiu diversos recoñecementos, como o Premio ao Novo Talento Científico Feminino 2023 da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, e en 2024 o Premio á Mellor Contribución Metodolóxica en Estatística concedido pola Sociedade de Estatística e Investigación Operativa e a Fundación BBVA.
No ámbito da xestión universitaria, desempeñou cargos como vicerreitora de Comunicación e Coordinación e foi directora científica do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia ata decembro de 2025.
A Xunta quixo tamén agradecer o labor desenvolvido por Antonio López durante os seus oito anos como reitor, destacando fitos como a acreditación do Campus Terra de Lugo ou o impulso á nova facultade de Farmacia.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
