Prosegue en Rianxo o Ciclo Primavera este 10 de abril cun concerto de Dúo Viraxe

Este venres 10 de abril proseguen en Rianxo os recitais do Ciclo Primavera (Concertos de Música Clásica), que se celebran dende marzo a maio cun total de 6 propostas musicais, a celebrar na sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Logo da actuación da pianista boirense Elsa Muñiz o pasado 27 de marzo (Pianotelling […]
O artigo Prosegue en Rianxo o Ciclo Primavera este 10 de abril cun concerto de Dúo Viraxe publicouse primeiro en O Barbanza. Este venres 10 de abril proseguen en Rianxo os recitais do Ciclo Primavera (Concertos de Música Clásica), que se celebran dende marzo a maio cun total de 6 propostas musicais, a celebrar na sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Logo da actuación da pianista boirense Elsa Muñiz o pasado 27 de marzo (Pianotelling
O artigo Prosegue en Rianxo o Ciclo Primavera este 10 de abril cun concerto de Dúo Viraxe publicouse primeiro en O Barbanza.  

Este venres 10 de abril proseguen en Rianxo os recitais do Ciclo Primavera (Concertos de Música Clásica), que se celebran dende marzo a maio cun total de 6 propostas musicais, a celebrar na sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.

Logo da actuación da pianista boirense Elsa Muñiz o pasado 27 de marzo (Pianotelling e New Beginnings) agora é a quenda do Dúo Viraxe, formado por Félix Rodríguez (bombardino) e Magdalena Argibay (piano). Actuarán ás 20:30 horas no Auditorio. A entrada será de balde (con convites desde 1 hora antes, máximo 2 por persoa).

O programa prosegue o 24 de abril co Cuarteto MarAslens. Esperanza Mara (voz e chelo), Juanma Varela (piano), Fernando Docampo (violín e instrumentos de sopro) e Luís Sanmartín (percusión e batería).

O 25 de abril será a quenda do Orfeón Terra A Nosa (concerto do 60 aniversario).

O 8 de maio actuará o Dúo Aira. Aitana Alcalde (fagot) e Aldara Muíños (clarinete).

O ciclo remata o 23 de maio co Lucus Ensemble e Percorrendo Castelao.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas