Este venres 10 de abril vaise inaugurar en Rianxo, na sala de exposicións do Centro Sociocultural do Auditorio Municipal, unha mostra de obras elaboradas con lapis e acrílico do artista local Alberto Rodríguez. A inauguración será ás 9:30 horas. A exposición permanecerá aberta ata o 9 de maio, co seguinte horario: luns de 10:00 a […]
O artigo O rianxeiro Alberto Rodríguez inaugura este venres unha exposición no Auditorio Municipal publicouse primeiro en O Barbanza. Este venres 10 de abril vaise inaugurar en Rianxo, na sala de exposicións do Centro Sociocultural do Auditorio Municipal, unha mostra de obras elaboradas con lapis e acrílico do artista local Alberto Rodríguez. A inauguración será ás 9:30 horas. A exposición permanecerá aberta ata o 9 de maio, co seguinte horario: luns de 10:00 a
O artigo O rianxeiro Alberto Rodríguez inaugura este venres unha exposición no Auditorio Municipal publicouse primeiro en O Barbanza.
Este venres 10 de abril vaise inaugurar en Rianxo, na sala de exposicións do Centro Sociocultural do Auditorio Municipal, unha mostra de obras elaboradas con lapis e acrílico do artista local Alberto Rodríguez. A inauguración será ás 9:30 horas. A exposición permanecerá aberta ata o 9 de maio, co seguinte horario: luns de 10:00 a 14:00 horas e de martes a sábado de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
Alberto Rodríguez Castaño, nace en Asados o 7 de Xaneiro de 1970, no lugar da Atalaia. Desde o principio mostrou interese polo debuxo, igual que case todos os nenos cando son pequenos, aínda que, seguramente, houbo un momento no que o interese converteuse en algo máis. Durante a infancia e adolescencia seguiu sempre en contacto con esta arte, facendo, a medias, un curso a distancia de debuxo e pintura, ganando algún que outro concurso a nivel local…, ata que os estudos o levan á Coruña, onde recibe formación de artistas locais.
Nos seguintes anos compaxina o traballo no matadoiro familiar coa pintura. Participa nalgunhas exposicións colectivas con artistas locais organizadas polo Concello ou por outros grupos -como Deskarte, dirixido polo pintor de Isorna Tantino-. Na Bienal José Luís Fernández, en Boiro, a fins dos 90, obtén a mención honorífica, sendo esta unha das súas últimas presenzas tanto en concursos como en exposicións.

Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
