O Pazo de Goiáns converteuse este domingo novamente no epicentro cultural coa XV Romaría das Letras do Barbanza, organizada polo Concello de Boiro e a Asociación Cultural Barbantia. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, foron os encargados de abrir institucionalmente unha xornada marcada pola música, a literatura e a […] O Pazo de Goiáns converteuse este domingo novamente no epicentro cultural coa XV Romaría das Letras do Barbanza, organizada polo Concello de Boiro e a Asociación Cultural Barbantia. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, foron os encargados de abrir institucionalmente unha xornada marcada pola música, a literatura e a
O Pazo de Goiáns converteuse este domingo novamente no epicentro cultural coa XV Romaría das Letras do Barbanza, organizada polo Concello de Boiro e a Asociación Cultural Barbantia. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, foron os encargados de abrir institucionalmente unha xornada marcada pola música, a literatura e a participación veciñal.

Dende as 11.00 horas comezou o paso de persoas pola finca de Goiáns para gozar dos bailes tradicionais de Xilbarbeira e Abanqueiro e do concerto de Maricarme. Centos de persoas xantaron nas inmediacións do pazo, nun ambiente amenizado polos Pequenos do Barbanza.
Durante o acto institucional, o alcalde salientou que “a única maneira de homenaxear as nosas letras é falalas sempre, os 365 días do ano”, nunha intervención previa ás presentacións literarias de Elas, de Xulio Gutierrez, e A Compostela de Begoña Caamaño, de Encarna Otero.
A programación continuou pola tarde con actividades infantís no pombal do pazo, baile galego con Aroña e Abeloura, e rematou coa actuación do grupo Os D’Abaixo, que puxo o peche musical a unha xornada de celebración arredor da cultura galega e do libro.

Barbanza-Arousa | O Barbanza
