Continúa aberto estes días o prazo de inscrición para participarmos na quinta edición da V Andaina Solidaria a Favor do Pobo Saharauí. Trátase dun evento deportivo-solidario organizado por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) coa colaboración do Concello de Rianxo. A andaina será o día 22 de agosto, terá un perfil moi accesíbel e disporanse […]
O artigo Aínda están abertas as inscricións para participarmos na V Andaina Solidaria a Favor do Pobo Saharauí, o 22 de agosto en Rianxo publicouse primeiro en O Barbanza. Continúa aberto estes días o prazo de inscrición para participarmos na quinta edición da V Andaina Solidaria a Favor do Pobo Saharauí. Trátase dun evento deportivo-solidario organizado por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) coa colaboración do Concello de Rianxo. A andaina será o día 22 de agosto, terá un perfil moi accesíbel e disporanse
O artigo Aínda están abertas as inscricións para participarmos na V Andaina Solidaria a Favor do Pobo Saharauí, o 22 de agosto en Rianxo publicouse primeiro en O Barbanza.

Continúa aberto estes días o prazo de inscrición para participarmos na quinta edición da V Andaina Solidaria a Favor do Pobo Saharauí. Trátase dun evento deportivo-solidario organizado por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) coa colaboración do Concello de Rianxo.
A andaina será o día 22 de agosto, terá un perfil moi accesíbel e disporanse dous percorridos para que as persoas participantes poidan escoller a distancia que máis lles preste.
Todo o recadado será para esta entidade. Uns fondos que permiten, entre outras cousas, financiar o programa Vacacións en Paz, un programa que favorece que moitos nenos e nenas pasen o verán afastados das temperaturas que nestes meses se acadan nos campos de refuxiados do deserto.
Podemos atopar máis información e, tamén, formalizar a nosa inscrición a través da web Emesports.es.
Participar na andaina terá diferentes niveis de custe: para os nenos de menos de cinco anos será de balde e para os de idades comprendidas entre os 6 e os 17 anos será de cinco euros. Os adultos aboarán 10 euros. Quen non poida ou non queira participar na andaina pode contribuír a través da fila 0 solidaria.
A saída e a chegada do percorrido, dende a praza de Castelao, serán amenizadas pola actuación de Fogo Fatuo, asociación local de música tradicional galega, e tamén polas agrupacións de monicreques Tanxarina, Trécola e Larraitz (actuación de artistas participantes no festival Titiriberia).
A andaina terá 11 quilómetros de traxecto.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
