A Fiscalía solicita 16 anos de cárcere para o acusado de matar o seu irmán atropelado nunha liorta en Ribeira

O Ministerio Público atribúelle un delito de asasinato polos feitos ocorridos en xullo de 2025 durante unha festa de compromiso no centro recreativo de Artes, onde unha disputa familiar derivou nun enfrontamento multitudinario. A Fiscalía pide unha pena de 16 anos de prisión para o home acusado de atropelar mortalmente o seu propio irmán durante […]
O artigo A Fiscalía solicita 16 anos de cárcere para o acusado de matar o seu irmán atropelado nunha liorta en Ribeira publicouse primeiro en O Barbanza. O Ministerio Público atribúelle un delito de asasinato polos feitos ocorridos en xullo de 2025 durante unha festa de compromiso no centro recreativo de Artes, onde unha disputa familiar derivou nun enfrontamento multitudinario. A Fiscalía pide unha pena de 16 anos de prisión para o home acusado de atropelar mortalmente o seu propio irmán durante
O artigo A Fiscalía solicita 16 anos de cárcere para o acusado de matar o seu irmán atropelado nunha liorta en Ribeira publicouse primeiro en O Barbanza.  

O Ministerio Público atribúelle un delito de asasinato polos feitos ocorridos en xullo de 2025 durante unha festa de compromiso no centro recreativo de Artes, onde unha disputa familiar derivou nun enfrontamento multitudinario.

A Fiscalía pide unha pena de 16 anos de prisión para o home acusado de atropelar mortalmente o seu propio irmán durante unha liorta entre dúas familias en Ribeira, ao considerar que actuou coa intención clara de acabar coa vida das persoas presentes no lugar e cualificar os feitos como un delito de asasinato.

Os sucesos remontan ao 1 de xullo de 2025 no centro recreativo de Artes, onde as familias Bentos, de Santiago de Compostela, e Borja, de Ribeira, celebraban o compromiso de dous dos seus membros. Pasadas as 20:00 horas, unha disputa entre asistentes desembocou nunha pelexa no interior do establecemento que axiña se trasladou á zona do aparcadoiro.

Segundo relata o escrito de acusación do Ministerio Público, o procesado —pertencente á familia compostelá— subiu ao seu vehículo, acelerou a gran velocidade e invadiu a terraza do local, levando por diante mesas e cadeiras. Acto seguido, deu marcha atrás coa intención de arremeter contra un grupo de persoas que se atopaba xunto a un coche patrulla da Policía Local de Ribeira.

Nesa manobra acabou atropelando presuntamente, a varios asistentes, entre eles o seu irmán, quen faleceu debido á gravidade das lesións sufridas. Segundo transcendeu da investigación, a vítima atopábase nese momento de xeonllos no chan e sen capacidade de reacción, xa que instantes antes fora golpeada por unha furgoneta conducida por un integrante da familia rival.

TVG

Trece detidos e dúas causas xudiciais

Inmediatamente despois do atropelo, o condutor fuxiu en dirección a Santiago acompañado doutras cinco persoas, aínda que o turismo foi interceptado na peaxe da autoestrada AP-9 e todos os seus ocupantes resultaron detidos. Días despois, as forzas de seguridade arrestaron outras seis persoas en Ribeira pola súa presunta implicación na liorta.

Do total de trece persoas detidas por este suceso, unicamente dúas permanecen en situación de prisión provisional. Ademais do acusado do atropelo mortal, segue engaiolado un membro da familia de Ribeira que será xulgado nun procedemento separado. A este segundo investigado atribúenselle delitos de homicidio en grao de tentativa, condución temeraria, pelexa tumultuaria e lesións graves, ao estar sinalado como o presunto autor dunha agresión cun machete a un membro do clan rival e de ser quen atropelou previamente a vítima mortal coa furgoneta.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas