Este mércores 2 de xuño presentouse en Ribeira a segunda edición da Noite Tradi, organizada pola Concellería de Cultura de Ribeira. Despois do gran éxito da primeira edición, este ano celebrarase o 12 de xullo ás 22.00 horas na Porta do Sol de Ribeira. Na presentación compareceron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, Óscar Romero, […] Este mércores 2 de xuño presentouse en Ribeira a segunda edición da Noite Tradi, organizada pola Concellería de Cultura de Ribeira. Despois do gran éxito da primeira edición, este ano celebrarase o 12 de xullo ás 22.00 horas na Porta do Sol de Ribeira. Na presentación compareceron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, Óscar Romero,
Este mércores 2 de xuño presentouse en Ribeira a segunda edición da Noite Tradi, organizada pola Concellería de Cultura de Ribeira. Despois do gran éxito da primeira edición, este ano celebrarase o 12 de xullo ás 22.00 horas na Porta do Sol de Ribeira. Na presentación compareceron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, Óscar Romero, presidente da asociación Bailadela e Moncha Sampedro da Asociación Francisco Lorenzo Mariño.

A concelleira informou que esta actividade figura na programación da axenda Lecer na Ribeira e que nesta segunda edición actuarán os grupos locais Bailadela e Sete Linguas, ademais de A Requinta de Lampai, da propia vila de Lampai no concello de Teo, onde seis músicos recuperaron a frauta propia do Val da Ulla e rescataron as gravacións de históricos gaiteiros da bisbarra.
“Tamén nos acompañarán os Meninos do Pandeiro integrado polo lalinense Carlos Quintá e Xan Pérez, nunha actuación que toma como punto de partida a música popular da tradición oral onde cobran protagonismo o acordeón diatónico, a voz e as percusións”, explicou a concelleira.
Pola súa banda, Óscar Romero sinamlou que a idea será “recrear unha romaría das de antes”, para iso pensouse nun par de grupos locais que se adiquen a ao folclore ao canto e á festa máis dous grupos de fóra neste caso A Requinta de Lampai que o que fan é “poñer en valor a requinta, un instrumento único no mundo”. O outro grupo, Meninos do Pandeiro levan acordeón diatónico, percusión e voces. Romero rematou dicindo que “o que facemos este ano é desprender a música de todo artificio para achegarnos máis ás romarías de antes”.
Barbanza-Arousa | O Barbanza