Ribeira acolle unha xornada sobre os oficios do mar e o patrimonio cultural inmaterial

O Consello da Cultura Galega e o concello de Ribeira organizan este 3 de xullo no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira a xornada Os oficios do mar, na que se abordarán os traballos vinculados ao mar, que en Galicia “teñen unha especial relevancia para as comunidades que se desenvolveron tradicionalmente en equilibrio co ecosistema […] O Consello da Cultura Galega e o concello de Ribeira organizan este 3 de xullo no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira a xornada Os oficios do mar, na que se abordarán os traballos vinculados ao mar, que en Galicia “teñen unha especial relevancia para as comunidades que se desenvolveron tradicionalmente en equilibrio co ecosistema  

O Consello da Cultura Galega e o concello de Ribeira organizan este 3 de xullo no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira a xornada Os oficios do mar, na que se abordarán os traballos vinculados ao mar, que en Galicia “teñen unha especial relevancia para as comunidades que se desenvolveron tradicionalmente en equilibrio co ecosistema costeiro, creando unha cultura propia cuxa transmisión está ligada á supervivencia desas actividades”, segundo os organizadores.

A xornada, que se celebrará a partir das 16.30 horas, prestará atención á relevancia cultural dos oficios do mar e a regulación do patrimonio cultural inmaterial e contará coa participación con representantes das comunidades portadoras deses saberes. Deste xeito, Lino Lema, do Padroado do Museo do Pobo Galego, prestará atención aos Oficios do mar na cultura marítima, e Manuel Chaín, da Xunta de Galicia, falará da “protección do patrimonio cultural inmaterial” no marco lexislativo galego.

Gerardo Triñanes, da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira, falará sobre este oficio, ao igual que Rosa María Pardo Campaña, presidenta da Asociación de Redeiras do Cerco de Portosín, do seu oficio. A xornada rematará cunha mesa de debate sobre a salvagarda dos oficios do mar, moderada por Guadalupe Jiménez Esquinas, antropóloga da Universidade de Santiago de Compostela.

A inscrición da xornada é gratuíta e o número de prazas está limitado a 100 persoas.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas