O XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia celebrarase do 17 ao 20 de xullo no porto de Ribeira, organizado de forma conxunta por Culturmar, a Real e Ilustre Cofradía da Dorna e o Concello de Ribeira: un evento que volve ás súas orixes 32 anos despois, xa que foi en Santa Uxía onde se […] O XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia celebrarase do 17 ao 20 de xullo no porto de Ribeira, organizado de forma conxunta por Culturmar, a Real e Ilustre Cofradía da Dorna e o Concello de Ribeira: un evento que volve ás súas orixes 32 anos despois, xa que foi en Santa Uxía onde se
O XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia celebrarase do 17 ao 20 de xullo no porto de Ribeira, organizado de forma conxunta por Culturmar, a Real e Ilustre Cofradía da Dorna e o Concello de Ribeira: un evento que volve ás súas orixes 32 anos despois, xa que foi en Santa Uxía onde se celebrou a primeira edición en 1993.

A 17ª convocatoria deste encontro consolídase como “a gran celebración da cultura marítima fluvial de Galicia, a actividade máis senlleira de Cultumar”, pois vense realizando dende 1993 de forma itinerante, congregando nas vilas mariñeiras a destacadas embarcacións tradicionais galegas e doutras partes da península e de Europa.
Esta grande exhibición de embarcacións representativas do patrimonio marítimo e fluvial acompáñase durante as catro xornadas dun amplo programa de actos culturais e de lecer dirixidos a todo tipo de público asistente.
Os organizadores prevén unha gran asistencia de barcos. Estiman poder alcanzar as 150 embarcacións que chegarán a Ribeira desde distintos puntos da Península, de Europa e incluso de América, cunha delegación que nos visitará desde Chile.
Na páxina web do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia poderemos atopar, ao detalle, a programación cultural para todos os públicos prevista para eses días, que inclúe concertos, teatro, monicreques, coloquios, artesanía, exposicións, obradoiros e monólogos.
Cambios na circulación e no estacionamento de vehículos
A Policía Local de Ribeira informou que desde o sábado 12 ata o domingo 20 de xullo estará restrinxida a circulación e o estacionamento de vehículos na zona portuaria (onde ten lugar cada sábado o mercadiño ambulante), debido ao montaxe das infraestruturas que se van a utilizar na celebración do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
Por outra banda, no peirao comercial (muelle grande), desde o seu acceso ata onde está localizada a báscula, vanse colocar uns valos ou peitorís (cheos de auga) e mesmo cinta, para establecer e delimitar unha pasantía peonil na marxe esquerda e co fin de que os espectadores poidan ver as embarcacións que estean alí expostas ao abrigo do porto.
“Por todo iso”, lembran dende a Policía Local de Ribeira, “o sábado 19 de xullo non se celebrará o mercado ambulante semanal de Ribeira”.
Barbanza-Arousa | O Barbanza