O pavillón Venecia acolleu unha nova edición do Xantar de Confraternidade, unha cita que xa se consolidou como un dos eventos sociais máis esperados do ano e que nesta ocasión reuniu a 750 persoas procedentes da Pobra e doutros municipios da comarca. O alcalde, José Carlos Vidal, destacou o carácter integrador da celebración, sinalando que […] O pavillón Venecia acolleu unha nova edición do Xantar de Confraternidade, unha cita que xa se consolidou como un dos eventos sociais máis esperados do ano e que nesta ocasión reuniu a 750 persoas procedentes da Pobra e doutros municipios da comarca. O alcalde, José Carlos Vidal, destacou o carácter integrador da celebración, sinalando que
O pavillón Venecia acolleu unha nova edición do Xantar de Confraternidade, unha cita que xa se consolidou como un dos eventos sociais máis esperados do ano e que nesta ocasión reuniu a 750 persoas procedentes da Pobra e doutros municipios da comarca.

O alcalde, José Carlos Vidal, destacou o carácter integrador da celebración, sinalando que “este Xantar é un punto de encontro, de reunión e, sobre todo, de unión para a xente de aquí e a de fóra”. O rexedor subliñou tamén que o evento serve para reavivar lazos entre veciños e amizades que, nalgúns casos, só se ven en ocasións coma esta.
Pola súa banda, a concelleira de Servizos Municipais, Estefanía Ramos, agradeceu o esforzo de todas as persoas implicadas na organización e a colaboración das empresas locais, “polo seu compromiso co benestar social e por apoiar iniciativas que fomentan a convivencia e o coidado ás persoas”.
O menú incluíu dous mariscos, peixe, carne e sobremesa, ademais de café e bebidas variadas. A parte musical correu a cargo do grupo Trécola, que amenizou a recepción, e de Mar Davila Music, que puxo ritmo e baile a unha tarde chea de bo ambiente e compañeirismo.
Segundo o Concello, o Xantar de Confraternidade reafírmase como unha cita esencial para fortalecer o sentimento de comunidade e celebrar o espírito pobrense.

Barbanza-Arousa | O Barbanza