O PSdeG de Ribeira nega calquera acoso e acusa o PP e o PBBI de lanzar “acusacións falsas e manipuladas”

A Agrupación Socialista de Ribeira emitiu este sábado un comunicado no que expresa a súa “condena ante calquera forma de acoso”, pero tamén a súa “máis firme negativa a aceptar acusacións falsas e manipuladas”, en resposta ás críticas formuladas desde o Partido Popular e o Partido Barbanza Independente (PBBI). O PSdeG asegura que “nin o […] A Agrupación Socialista de Ribeira emitiu este sábado un comunicado no que expresa a súa “condena ante calquera forma de acoso”, pero tamén a súa “máis firme negativa a aceptar acusacións falsas e manipuladas”, en resposta ás críticas formuladas desde o Partido Popular e o Partido Barbanza Independente (PBBI). O PSdeG asegura que “nin o  

A Agrupación Socialista de Ribeira emitiu este sábado un comunicado no que expresa a súa “condena ante calquera forma de acoso”, pero tamén a súa “máis firme negativa a aceptar acusacións falsas e manipuladas”, en resposta ás críticas formuladas desde o Partido Popular e o Partido Barbanza Independente (PBBI).

O PSdeG asegura que “nin o partido nin os seus simpatizantes realizaron nin realizarán accións de coacción ou intimidación contra ninguén”, e cualifica de “profundamente indignante e preocupante” o que consideran un intento de desviar a atención mediante falsidades e ataques infundados.

Segundo os socialistas, “quen realmente se sente coaccionada e enganada é a propia veciñanza de Ribeira”, e acusan ao PP e ao PBBI de “usar os servizos públicos como ferramenta de presión política”, tras o recente anuncio de novos investimentos e recursos en sanidade e educación.

O comunicado tamén lembra que, durante o período no que o PSdeG formou parte do Goberno local, “perfis falsos e simpatizantes do PP e do PBBI dedicáronse a insultar e difamar” en redes sociais ao seu representante, Francisco Suárez-Puerta Colomer, “sen que se producise ningunha condena pública por parte da dereita”.

Os socialistas ribeirenses rexeitan “promover ningunha actitude de acoso” e afirman actuar “con respecto e responsabilidade democrática”. Por iso, instan ao alcalde, Vicente Mariño, a rectificar e pedir desculpas publicamente por acusar falsamente ao PSdeG de fomentar situacións de presión ou intimidación.

O partido conclúe reafirmando o seu compromiso cunha política “baseada na verdade, o respecto e a coherencia coa palabra dada á cidadanía”, e advirte de que Ribeira “non precisa manipulación nin escenificacións, senón honestidade, traballo e responsabilidade pública”.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas