O Concello de Ribeira licita a redacción do proxecto de musealización da edificación anexa á nave de Cerqueira

O Concello de Ribeira inicia o ano 2026 en materia de contratacións coa saída a licitación da redacción do proxecto de musealización da edificación anexa á nave de Cerqueira, un paso clave para seguir avanzando no proceso de adquisición da antiga fábrica de conservas. Así o sinalou a alcaldesa, María Sampedro, quen destacou que se […] O Concello de Ribeira inicia o ano 2026 en materia de contratacións coa saída a licitación da redacción do proxecto de musealización da edificación anexa á nave de Cerqueira, un paso clave para seguir avanzando no proceso de adquisición da antiga fábrica de conservas. Así o sinalou a alcaldesa, María Sampedro, quen destacou que se  

O Concello de Ribeira inicia o ano 2026 en materia de contratacións coa saída a licitación da redacción do proxecto de musealización da edificación anexa á nave de Cerqueira, un paso clave para seguir avanzando no proceso de adquisición da antiga fábrica de conservas. Así o sinalou a alcaldesa, María Sampedro, quen destacou que se trata “dun dos condicionantes para continuar coa compra da fábrica”.

O proxecto ten como obxectivo converter este inmoble industrial nun equipamento cultural visitable, sen perder o seu carácter produtivo e marítimo. Ao tratarse de patrimonio industrial, a proposta deberá acadar un equilibrio entre a conservación do edificio, o relato histórico a transmitir aos visitantes, a seguridade, a experiencia museística e a viabilidade do conxunto.

Neste sentido, o documento deberá definir aspectos como os espazos expositivos, unha zona de interpretación sensorial ou áreas audiovisuais, ao tempo que a intervención arquitectónica manteña a lectura industrial do inmoble. As actuacións deberán ser mínimas e reversibles, especialmente en elementos como pasarelas ou vitrinas, co fin de preservar a identidade orixinal da edificación.

Ademais, o proxecto incluirá a elaboración dun plan director que permita explicar a transición temporal da salgadura á conserva industrial, abordando tamén o cambio dun modelo de produción a outro e o seu impacto social, económico e cultural.

O orzamento da licitación ascende a 11.495 euros, IVE incluído, e estará financiado a través dun convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ribeira para a execución do Plan de Sustentabilidade Turística, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, con cargo aos fondos europeos Next Generation.

Trátase dun contrato menor dirixido a empresas invitadas, que poderán presentar as súas ofertas ata as 23.59 horas do vindeiro 19 de xaneiro a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX). O prazo máximo para a presentación do proxecto será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da adxudicación.

C.R.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas