A conselleira do Mar destaca o valor da memoria mariñeira na presentación dun libro sobre o pósito de Carreira e Aguiño

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou hoxe na presentación do libro O Pósito de Pescadores de Carreira e Aguiño (1924-1944), unha obra que recupera a historia e o legado dunha das entidades mariñeiras máis representativas da ría de Arousa, coincidindo coa conmemoración do centenario da súa orixe como entidade asociativa. A alcaldesa de Ribeira, […] A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou hoxe na presentación do libro O Pósito de Pescadores de Carreira e Aguiño (1924-1944), unha obra que recupera a historia e o legado dunha das entidades mariñeiras máis representativas da ría de Arousa, coincidindo coa conmemoración do centenario da súa orixe como entidade asociativa. A alcaldesa de Ribeira,  

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou hoxe na presentación do libro O Pósito de Pescadores de Carreira e Aguiño (1924-1944), unha obra que recupera a historia e o legado dunha das entidades mariñeiras máis representativas da ría de Arousa, coincidindo coa conmemoración do centenario da súa orixe como entidade asociativa. A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, tamén participou na presentación do libro obra de Daniel Bravo que narra parte da historia da confraría dende a súa creación e o impacto a nivel económico, social, cultural e educativo que tivo para ambas parroquias, especialmente para a de Aguiño.

C.P.

O acto tivo lugar na sede da confraría, onde a titular de Mar salientou que a publicación supón “un exercicio necesario de memoria colectiva” que permite comprender o pasado para valorar o presente e proxectar o futuro do sector pesqueiro. Villaverde subliñou que a historia do pósito é tamén a dunha comunidade que xerou riqueza, preservou patrimonio e protexeu un ben social intimamente vencellado ao mar, convertendo a actividade pesqueira nun eixo económico, social e cultural esencial para Aguiño e para o conxunto do concello de Ribeira.

Durante a súa intervención, a conselleira puxo en valor o papel das confrarías como espazos de cooperación, organización e cohesión social, lembrando o esforzo de xeracións de mariñeiros e mariscadoras que contribuíron á consolidación dunha entidade comprometida coa defensa dos intereses da xente do mar. Neste sentido, incidiu na importancia de achegar este legado histórico ás novas xeracións, reforzando a conciencia social sobre o valor da actividade mariñeira.

Villaverde referiuse tamén á estreita vinculación histórica de Aguiño co percebe, un dos seus recursos máis emblemáticos pola súa elevada calidade, que sitúa esta contorna entre as principais zonas produtoras de Galicia. Un exemplo, sinalou, de como tradición, coñecemento e respecto polo medio mariño definen a identidade do sector.

A responsable autonómica destacou, ademais, que esta obra contribúe a preservar e divulgar un valioso patrimonio documental e fotográfico, garantindo a conservación dun saber transmitido de xeración en xeración e reforzando o orgullo pola cultura mariñeira galega.

C.R.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas