A Fiscalía solicita penas que suman 25 anos de prisión e multas por un total de 624.000 euros para tres persoas acusadas dun delito de tráfico de drogas no municipio coruñés de Rianxo. O xuízo está sinalado para o vindeiro mércores 21 na Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago. Segundo o escrito de […] A Fiscalía solicita penas que suman 25 anos de prisión e multas por un total de 624.000 euros para tres persoas acusadas dun delito de tráfico de drogas no municipio coruñés de Rianxo. O xuízo está sinalado para o vindeiro mércores 21 na Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago. Segundo o escrito de
A Fiscalía solicita penas que suman 25 anos de prisión e multas por un total de 624.000 euros para tres persoas acusadas dun delito de tráfico de drogas no municipio coruñés de Rianxo. O xuízo está sinalado para o vindeiro mércores 21 na Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago.
Segundo o escrito de acusación, os feitos remóntanse a 2022, cando unha investigación policial permitiu descubrir que os acusados se dedicaban de forma continuada á venda de substancias estupefacientes. No rexistro efectuado nun domicilio e nun vehículo vinculados aos investigados, os axentes interviñeron 1.462 gramos de cocaína, 9.756 gramos de heroína, 1.282 gramos de cannabis e 348 gramos de resina, cun valor total no mercado ilícito estimado en 156.100 euros.
O Ministerio Público considera que concorren circunstancias agravantes, como a cantidade e a natureza das drogas autadas, así como a organización conxunta da actividade delituosa. Por iso, solicita para dous dos acusados nove anos de prisión e para o terceiro sete, ademais das correspondentes multas económicas e o pagamento das costas xudiciais.

Barbanza-Arousa | O Barbanza
