A Xunta de Galicia recoñeceu as campañas extraordinarias de dinamización comercial de cinco centros comerciais abertos polo “seu carácter innovador a calidade das accións e o impacto no tecido comercial local”. Estas entidades son o Centro Comercial Estrela de Marín, o Centro Comercial Aberto de Boiro (a ABE) , o Centro Comercial Aberto de Ferrol, […] A Xunta de Galicia recoñeceu as campañas extraordinarias de dinamización comercial de cinco centros comerciais abertos polo “seu carácter innovador a calidade das accións e o impacto no tecido comercial local”. Estas entidades son o Centro Comercial Estrela de Marín, o Centro Comercial Aberto de Boiro (a ABE) , o Centro Comercial Aberto de Ferrol,
A Xunta de Galicia recoñeceu as campañas extraordinarias de dinamización comercial de cinco centros comerciais abertos polo “seu carácter innovador a calidade das accións e o impacto no tecido comercial local”. Estas entidades son o Centro Comercial Estrela de Marín, o Centro Comercial Aberto de Boiro (a ABE) , o Centro Comercial Aberto de Ferrol, ACISA Ribadeo e a Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) e forman parte dos 54 centros comerciais abertos de toda Galicia que resultaron beneficiarios da convocatoria de axudas deste ano para potenciar o labor destas entidades cun investimento global de 2,3 M€, tal e como reflicte a resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia.

Cos seus representantes reuniuse recentemente o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto co director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xuntanza na que puxeron en valor esta iniciativa -denominada O teu comercio local é extraordinario– así como a excelencia, carácter innovador e calidade das súas propostas extraordinarias que acadaron as mellores puntuacións entre as presentadas e ás que se destina un valor total de axuda de preto de 200.000 euros, incluídos nos 2,3 M€ de axuda total.
No proceso de avaliación das solicitudes, foron especialmente valorados criterios como a existencia dun plan de comunicación estruturado, a capacidade das accións para fomentar o consumo e atraer nova clientela, así como o carácter diferenciador e o impacto previsto das propostas sobre o tecido comercial local.
As cinco campañas extraordinarias recoñecidas no prograna O teu comercio local extraordinario teñen como fin poñer en valor, visibilizar e dinamizar o comercio local das súas respectivas zonas.
A do Centro Comercial Estrela de Marín desenvolverase en outubro e consistirá en crear un escaparate colectivo de produtos e servizos de negocios da vila que se sorteará entre os clientes. Neste mesmo mes celebrarase a campaña da Asociación Rianxeira de Empresarios, que incluirá descontos, agasallos, tres sorteos para premiar a confianza dos clientes dos establecementos comerciais deste municipio e actividades de animación de rúa relacionadas coa música e a gastronomía, entre outros.
O Centro Comercial Aberto de Boiro realizará a súa campaña en agosto cun sorteo entre os clientes dos comercios da vila asociados e con actividades nas rúas de Boiro.
En Ribadeo, ACISA tamén desenvolverá as súas actividades de dinamización en verán e entre elas incluiranse concertos, campañas de descontos nos negocios deste concello, sorteos e outras accións en colaboración con outros sectores como a hostalería. No caso do Centro Comercial Aberto de Ferrol, realizaranse tres rutas de temáticas diferentes polos comercios da vila, actividades lúdicas e sorteos para as persoas que merquen nos negocios deste municipio. Poderase consultar máis información sobre as campañas destas cinco entidades nas súas páxinas web e/ou redes sociais.
Barbanza-Arousa | O Barbanza