A sede da patronal de Boiro acolleu a entrega de premios da Campaña do Nadal da ABE na que clientes, comerciantes e amigos ateigaron o salón de actos na asociación. O acto abriuno o presidente da ABE, Daniel García que destacou que “nos 30 días que durou a campaña rexistráronse na web da ABE, abe.gal, […] A sede da patronal de Boiro acolleu a entrega de premios da Campaña do Nadal da ABE na que clientes, comerciantes e amigos ateigaron o salón de actos na asociación. O acto abriuno o presidente da ABE, Daniel García que destacou que “nos 30 días que durou a campaña rexistráronse na web da ABE, abe.gal,
A sede da patronal de Boiro acolleu a entrega de premios da Campaña do Nadal da ABE na que clientes, comerciantes e amigos ateigaron o salón de actos na asociación. O acto abriuno o presidente da ABE, Daniel García que destacou que “nos 30 días que durou a campaña rexistráronse na web da ABE, abe.gal, 6.822 tíckets e facturas e o sábado 4 bateuse o récord de rexistros nun so día con 565”. Engadiu que as 6.822 compras rexistradas supoñen “o récord absoluto de todas as campañas realizadas ata este momento superando en case 2.000 aos rexistrados na campaña do nadal do pasado ano”.
Actualmente conta con 4.017 usuarios activos que este ano rexistraron 33.885 tíckets de compra dos 207 negocios asociados.
Premios e premiados
A ABE compartiu en formato PDF o listado completo de persoas premiadas na campaña do Nadal.
Sorteo de 3 festas de aniversario
Ademais entregáronse os premios das tres festas de aniversario valoradas en 100€ cada unha sorteadas entre os centos de cartas que os cativos de Boiro depositaron na caixa de correos real.
Os gañadores foron:
Leo Alonso ( 9 anos)
Marcos (9 anos)
Daniela (4 anos)
Acto de entrega de premios
No acto de entrega de premios participou o director xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, que ademais de implicarse na entrega dos premios aproveitou para conversar cos comerciantes asociados sobre as liñas de axuda que a Xunta vai publicar este ano. Alén destacou que “a asociación de Boiro é unha das punteiras de Galicia e as actividades de promoción comercial que desenvolve están estre as mellor valoradas”.
Para finalizar o acto o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, quixo “dar os parabéns aos premiados, comerciantes e ao traballo realizado pola ABE a prol da promoción económica de Boiro”.
Ao remate do acto serviuse un pincho e un viño momento no que comerciantes, clientes e representantes das diferentes administracións puideron compartir sinerxías.
Barbanza-Arousa | O Barbanza