A ABE impulsa a implantación do novo sistema de reclamacións dixitais mediante código QR, facilitando a tramitación aos seus asociados

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) está impulsando a implantación, entre os seus asociados, dun sistema dixital innovador para a xestión de reclamacións en materia de consumo, promovido pola Xunta de Galicia, que permitirá aos comercios modernizar e simplificar o proceso de atención ao cliente. Este sistema consiste nun código QR personalizado que o comercio […] A Asociación Boirense de Empresas (ABE) está impulsando a implantación, entre os seus asociados, dun sistema dixital innovador para a xestión de reclamacións en materia de consumo, promovido pola Xunta de Galicia, que permitirá aos comercios modernizar e simplificar o proceso de atención ao cliente. Este sistema consiste nun código QR personalizado que o comercio  

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) está impulsando a implantación, entre os seus asociados, dun sistema dixital innovador para a xestión de reclamacións en materia de consumo, promovido pola Xunta de Galicia, que permitirá aos comercios modernizar e simplificar o proceso de atención ao cliente.

Este sistema consiste nun código QR personalizado que o comercio debe colocar nun lugar visíbel do seu establecemento. As persoas consumidoras, ao escanear o código co seu móbil, accederán a unha plataforma dixital oficial para presentar reclamacións en liña, que chegarán directamente ao correo electrónico facilitado polo comercio.

“As novas tecnoloxías ofrecen unha oportunidade para mellorar a relación entre o comercio e o cliente, pero tamén é fundamental que as empresas teñan un acompañamento práctico para adaptar os seus procesos,” explica Tomás Estévez, xerente da ABE, engadindo que “por iso, desde a Asociación Boirense de Empresas non só facilitamos a información, senón que realizamos a tramitación e acompañamento para a correcta implantación deste novo sistema e subministramos os materiais imprescindíbeis para cumprir coa legalidade, como son as follas de reclamación e os carteis.”

Ademais “lembramos que a implantación deste sistema dixital non exime da obriga legal de dispor das follas de reclamacións físicas nin do cartel informativo correspondente nas tres linguas oficiais (galego, castelán e inglés) “

Nesa liña, a ABE ofrece gratuitamente a todos os seus asociados o subministro das follas de reclamación e dos carteis informativos, para garantir o pleno cumprimento da normativa.

“As vantaxes desta innovación son evidentes, xa que facilita a atención ao cliente, permite un control máis eficiente das reclamacións e contribúe á redución do uso de papel, promovendo a sustentabilidade”, engaden dende a patronal de Boiro.

Para solicitar o código QR, o comercio debe cubrir o formulario oficial e envialo á Xunta de Galicia a través do correo igc.consumo@xunta.gal.

A Asociación Boirense de Empresas reafirma o seu compromiso de “ofrecer ferramentas útiles e acompañamento continuo para mellorar o funcionamento e a competitividade do comercio local”.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas