A Asociación Boirense de Empresas (ABE) puxo en valor o papel fundamental das mulleres no desenvolvemento económico e social de Boiro durante a presentación do libro “Mans que teceron futuro”, celebrada na tarde de onte no seu salón de actos. O evento reuniu a preto de 150 persoas, completando o aforo e evidenciando o grande […]
O artigo A ABE reivindica o papel das mulleres no desenvolvemento de Boiro na presentación de “Mans que teceron futuro” publicouse primeiro en O Barbanza. A Asociación Boirense de Empresas (ABE) puxo en valor o papel fundamental das mulleres no desenvolvemento económico e social de Boiro durante a presentación do libro “Mans que teceron futuro”, celebrada na tarde de onte no seu salón de actos. O evento reuniu a preto de 150 persoas, completando o aforo e evidenciando o grande
O artigo A ABE reivindica o papel das mulleres no desenvolvemento de Boiro na presentación de “Mans que teceron futuro” publicouse primeiro en O Barbanza.
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) puxo en valor o papel fundamental das mulleres no desenvolvemento económico e social de Boiro durante a presentación do libro “Mans que teceron futuro”, celebrada na tarde de onte no seu salón de actos.
O evento reuniu a preto de 150 persoas, completando o aforo e evidenciando o grande interese xerado por unha iniciativa centrada en recuperar e visibilizar a contribución feminina á historia recente do municipio. A cita foi organizada pola ABE xunto co autor da obra, Antón Rodríguez Gallardo, e contou coa participación de representantes do ámbito cultural, empresarial e académico.

A publicación recolle as historias de distintas mulleres que, desde ámbitos como o comercio, a industria, a política ou o traballo asalariado, foron protagonistas clave na construción do tecido económico local. Durante a súa intervención, o autor destacou a necesidade de “recuperar e dar visibilidade a historias que, en moitos casos, quedaron fóra dos relatos oficiais, pero que resultaron decisivas para entender o Boiro actual”.
Pola súa banda, o presidente da ABE, Daniel García, subliñou o compromiso da entidade con este tipo de proxectos, sinalando que “fala de emprendemento, de esforzo e de persoas que construíron o tecido económico local, moitas veces sen o recoñecemento que merecían”. Ademais, incidiu na importancia de ofrecer referentes ás novas xeracións.
No acto tamén interviñeron Tania Riveiro Rodríguez, profesora da área de didáctica das ciencias sociais da Universidade de Santiago de Compostela, e María Xesús Blanco López, presidenta da A.C. Barbantia, quen destacaron o valor educativo e cultural da obra como ferramenta para fomentar o coñecemento da historia local.

O peche institucional correu a cargo do alcalde de Boiro, José Ramón Romero, quen incidiu na importancia de preservar e recoñecer a memoria colectiva do municipio.
A ABE participou activamente no proxecto mediante o patrocinio dunha edición especial do libro, que incorpora un texto institucional da entidade, reforzando así a súa aposta por iniciativas que conecten empresa, cultura e sociedade e contribúan á proxección do territorio.
A xornada concluíu cunha actuación musical do grupo Andhrea & the Black Cats, que puxo o broche final a un acto marcado polo recoñecemento, a memoria e a reivindicación do papel das mulleres no desenvolvemento local.
Desde a organización valorouse moi positivamente a acollida da cita, agradecendo tanto ao autor como ás persoas asistentes a súa participación nun evento que reafirma o compromiso da ABE coa promoción da cultura e da identidade económica de Boiro
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
