A ANPA do CEP Xosé María Brea Segade mobilízase para defender os recursos do centro e reclamar melloras

 A Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA) do CEP Xosé María Brea Segade de Taragoña convocou para este martes 10 de febreiro, ás 14:25 horas, unha concentración fronte ao centro educativo. O obxectivo é reclamar o mantemento dos recursos actuais e esixir novas melloras para o próximo curso escolar. Despois de dous anos […]  A Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA) do CEP Xosé María Brea Segade de Taragoña convocou para este martes 10 de febreiro, ás 14:25 horas, unha concentración fronte ao centro educativo. O obxectivo é reclamar o mantemento dos recursos actuais e esixir novas melloras para o próximo curso escolar. Despois de dous anos  

 A Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA) do CEP Xosé María Brea Segade de Taragoña convocou para este martes 10 de febreiro, ás 14:25 horas, unha concentración fronte ao centro educativo. O obxectivo é reclamar o mantemento dos recursos actuais e esixir novas melloras para o próximo curso escolar.

Despois de dous anos de mobilizacións que permitiron acadar un desdobre de aula e un docente máis no cadro de persoal, as familias queren deixar claro que non aceptarán retrocesos. “O que tanto nos custou gañar non é negociable”, subliñan desde a ANPA, que chama á unidade da comunidade educativa antes de que se planifique o novo curso.

Entre as principais reivindicacións destacan o blindaxe do profesorado conseguido, a presenza exclusiva dunha orientadora para o centro, o aumento de especialistas en Audición e Linguaxe (AL) e a mellora das instalacións a través dun plan de mantemento e reformas que garanta a seguridade e a calidade do colexio.

Desde a directiva da ANPA sinalan que a mobilización responde a unha cuestión de responsabilidade colectiva: “Se conseguimos un profesor máis foi grazas á presión das familias, e agora imos seguir loitando para que o servizo de orientación e AL estea á altura do que os nosos fillos e fillas merecen”.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas