A Asociación Rianxeira de Empresas (ARE) de Rianxo pon en marcha unha nova campaña con motivo da celebración do Día do Pai (o 19 de marzo), unha iniciativa coa que se busca “incentivar as compras no comercio local e seguir dinamizando a actividade comercial da vila”, informou a patronal rianxeira. Como novidade nesta campaña, a […] A Asociación Rianxeira de Empresas (ARE) de Rianxo pon en marcha unha nova campaña con motivo da celebración do Día do Pai (o 19 de marzo), unha iniciativa coa que se busca “incentivar as compras no comercio local e seguir dinamizando a actividade comercial da vila”, informou a patronal rianxeira. Como novidade nesta campaña, a

A Asociación Rianxeira de Empresas (ARE) de Rianxo pon en marcha unha nova campaña con motivo da celebración do Día do Pai (o 19 de marzo), unha iniciativa coa que se busca “incentivar as compras no comercio local e seguir dinamizando a actividade comercial da vila”, informou a patronal rianxeira.
Como novidade nesta campaña, a entidade incorpora tamén unha acción específica a través da rede social Instagram, coa intención de achegar o comercio local ao público máis novo e fomentar a participación da veciñanza nas redes sociais.
A campaña inclúe o sorteo de 100 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados á ARE. A clientela poderá participar de dúas maneiras. Por unha banda, rexistrando os tíckets de compra realizados nos negocios asociados a través da web da ARE ou escaneando o código QR incluído no cartel da campaña. Entre todas as persoas participantes nesta modalidade sortearase un vale de compra de 50 euros.
Por outra banda, tamén se poderá participar a través de Instagram, seguindo a conta @are.rianxo, mencionando a un amigo ou amiga na publicación do sorteo e compartindo o post nas historias. Entre todas as persoas que cumpran estes requisitos sortearase outro vale de compra de 50 euros. Desde a ARE de Rianxo sinalan que con esta iniciativa buscan seguir promovendo o comercio de proximidade e animar á veciñanza a realizar as súas compras nos negocios da vila, especialmente en datas sinaladas como o Día do Pai.
A campaña desenvolverase ata o 25 de marzo, data na que se realizará o sorteo.
Barbanza-Arousa | O Barbanza
