A Asociación Cultural Altofalante desprega unha programación de actividades de cara ao 17 de maio

A Asociación Cultural Altofalante, entidade centrada na dinamización social, cultural e lingüística de Ribeira e a súa contorna, desenvolverá nos días 2 e 3 de maio á s 19:15, no Centro Cultural Lustres Rivas de Santa Uxía, un programa de actividades conmemorativas de cara ao 17 de maio, Días das Letras Galegas. O venres 2 […] A Asociación Cultural Altofalante, entidade centrada na dinamización social, cultural e lingüística de Ribeira e a súa contorna, desenvolverá nos días 2 e 3 de maio á s 19:15, no Centro Cultural Lustres Rivas de Santa Uxía, un programa de actividades conmemorativas de cara ao 17 de maio, Días das Letras Galegas. O venres 2  

A Asociación Cultural Altofalante, entidade centrada na dinamización social, cultural e lingüística de Ribeira e a súa contorna, desenvolverá nos días 2 e 3 de maio á s 19:15, no Centro Cultural Lustres Rivas de Santa Uxía, un programa de actividades conmemorativas de cara ao 17 de maio, Días das Letras Galegas.

O venres 2 de maio, contarase coa presenza de Marcos Maceira, actual presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, quen presentará o libro Liberdade para o galego, no que se aborda polo miúdo a situación actual de emerxencia lingüística na que se atopa a nosa lingua, e como se chegou ata este punto. No libro o autor lanza a seguinte pregunta a xeito de fío temático dun debate xeral: “Podemos realmente vivir en galego as 24 horas do día?”.

O sábado 3 de maio proxectarase o documental Dorothé na Vila; un filme que xira arredor da musicóloga suíza Dorothé Schubarth, que chegou a Galiza a finais dos anos 70 buscando os cantos antigos que xa desapareceran no centro de Europa. De esta busca, saen as 300 horas de gravación que forman o Cancioneiro Popular Galego.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas