A Audiencia Provincial decidiu desestimar o recurso de apelación presentado por Suma Ribeira contra o auto do 30 de agosto de 2024, emitido polo Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira, confirmando as súa resolución. Suma Ribeira decidiu interpor a querela debido ao seu reiterado rexeitamento á contratación directa dun aparellador por parte do alcalde […] A Audiencia Provincial decidiu desestimar o recurso de apelación presentado por Suma Ribeira contra o auto do 30 de agosto de 2024, emitido polo Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira, confirmando as súa resolución. Suma Ribeira decidiu interpor a querela debido ao seu reiterado rexeitamento á contratación directa dun aparellador por parte do alcalde

A Audiencia Provincial decidiu desestimar o recurso de apelación presentado por Suma Ribeira contra o auto do 30 de agosto de 2024, emitido polo Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira, confirmando as súa resolución.
Suma Ribeira decidiu interpor a querela debido ao seu reiterado rexeitamento á contratación directa dun aparellador por parte do alcalde para a realización de informes urbanísticos. A formación denunciou que esta contratación se prorrogou anualmente de maneira irregular, malia contar con informes desfavorables da Secretaria e da Intervención Municipal. Consideraban que esta práctica era inaceptable e constituía unha presunta ilegalidade grave.
A resolución da Audiencia Provincial salientou varios puntos clave:
- O Xulgado de Instrución deixou transcorrer o prazo de doce meses para tramitar a investigación sen acordar a tempo a súa prórroga, o que impediu continuar co solicitado no recurso de apelación. Esta circunstancia, segundo a resolución, afectaría e beneficiaría ao exalcalde, agora aforado.
- A pesar deste feito, a Audiencia decidiu entrar no fondo da cuestión e concluíu que “non pode considerarse delictivo orillar a estrita legalidade ante as consecuencias que o estrito seguimento desta podería xerar ao servizo público”. A defensa argumentou que o servizo de urbanismo estaba colapsado.
- A resolución indica que, malia recoñecer a situación como irregular, a xurisdición penal debe reservarse para casos onde se vulneren de maneira notoria os principios constitucionais de imparcialidade, igualdade de oportunidades e legalidade na Administración.
Desde Suma Ribeira, acatando a resolución da Audiencia, insisten en que non corresponde a un concelleiro da oposición confiar en que a contratación irregular dun técnico sen seguir os principios de transparencia, imparcialidade, mérito e capacidade garanta a mesma obxectividade e imparcialidade que se se realizase a través dun procedemento regulamentado.
Por último, consideran que o uso adecuado dos mecanismos legais dispoñibles permitiría que a información técnica na que se basean as decisións municipais fose, ademais de independente e imparcial, percibida como tal pola cidadanía.
Barbanza-Arousa | O Barbanza