O concelleiro de Novas Tecnoloxías de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, presentou este venres 31 de xaneiro unha iniciativa de lecer tecnolóxico para favorecer a conciliación no Entroido e, tamén, un uso racional, seguro e enriquecedor das novas ferramentas tecnolóxicas: o Entroido Dixital. O programa inclúe campamentos a desenvolver na Aula CeMIT de Ribeira os días 3, […] O concelleiro de Novas Tecnoloxías de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, presentou este venres 31 de xaneiro unha iniciativa de lecer tecnolóxico para favorecer a conciliación no Entroido e, tamén, un uso racional, seguro e enriquecedor das novas ferramentas tecnolóxicas: o Entroido Dixital. O programa inclúe campamentos a desenvolver na Aula CeMIT de Ribeira os días 3,

O concelleiro de Novas Tecnoloxías de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, presentou este venres 31 de xaneiro unha iniciativa de lecer tecnolóxico para favorecer a conciliación no Entroido e, tamén, un uso racional, seguro e enriquecedor das novas ferramentas tecnolóxicas: o Entroido Dixital. O programa inclúe campamentos a desenvolver na Aula CeMIT de Ribeira os días 3, 4 e 5 de marzo de 10.00 a 13.00 h.
O edil debullou unha programación “que está orientada para nenos e nenas de 9 a 11 anos” e a través da cal adquirirá coñecementos en” determinadas competencias dixitais dun xeito útil, creativo e responsábel”, anunciou Suárez-Puerta.
Segundo engadiu, neste campamento dixital de entroido aprenderase a atopar información de valor en Internet así como a saber filtrar e buscar información dun xeito máis efectivo. Ademais, os nenos e nenas coñecerán ferramentas para crear contido dixital, a importancia de crear contrasinais seguras e a protexer os datos persoais. Tamén no eido da información coñecerán as pautas para verificar a información que se comparte e detectar as novas falsas.
No plano das multipantallas daranse consellos para controlar o tempo fronte ás mesmas e a exercitar hábitos saudábeis de desconexión e benestar dixital. En redes sociais, a saber coidar a privacidade e as normas de comportamento así como detectar e previr situacións de ciberacoso.
O concelleiro explicou que porase o foco no “o uso consciente e responsábel de Internet e as redes sociais, nas recomendacións sobre a protección de datos, na identidade dixital e na reputación online, asi como nas competencias dixitais para a procura de emprego”.
Suárez-Puerta sinalou “este campamento é para unha idade temperá como pode ser a franxa dos 9 a 11 años” e que está aprendizaxe aportará á rapazada as ferramentas para facer fronte aos perigos da Rede e para “garantir un uso correcto de tódalas posibilidades que ofrece o mundo dixital”, e anotou que “a día de hoxe os nenos e nenas van medrando nun entorno xeneralizado e normalizado da exposición ás redes sociais sen ter ningún tipo de pauta ou formación previa; o que queremos e desexamos, é que estean preparados e formados para ter a posibilidade de medir; hasta que punto se hai que expoñer e como saber detectar os seus perigos mentres á vez sexan conscientes de administrar o consumo das pantallas a diario”.
Finalmente o concelleiro animou aos pais e nais a que se apunten a este campamento dixital de entroido no que porán facelo chamando ao 981 87 60 43.ou enviando un correo a cemit.ribeira@xunta.gal.
Barbanza-Arousa | O Barbanza