Este 30 de outubro celebrouse na Coruña a gala de premios da campaña Merca no teu Comercio – A Coruña, impulsada pola Federación Galega de Comercio. En Ribeira repartíronse 1.000 euros en premios entre cinco persoas afortunadas que foron agasalladas con 200 euros cada unha. Trátase de Alejandra Novo Gómez, polas súas compras en Marfil; […] Este 30 de outubro celebrouse na Coruña a gala de premios da campaña Merca no teu Comercio – A Coruña, impulsada pola Federación Galega de Comercio. En Ribeira repartíronse 1.000 euros en premios entre cinco persoas afortunadas que foron agasalladas con 200 euros cada unha. Trátase de Alejandra Novo Gómez, polas súas compras en Marfil;
Este 30 de outubro celebrouse na Coruña a gala de premios da campaña Merca no teu Comercio – A Coruña, impulsada pola Federación Galega de Comercio.
En Ribeira repartíronse 1.000 euros en premios entre cinco persoas afortunadas que foron agasalladas con 200 euros cada unha.
Trátase de Alejandra Novo Gómez, polas súas compras en Marfil; Isabel Alonso González, polas súas compras en Rovi; Josefa Martínez Regueira polas súas compras en O Capricho; Adriana Vicente Romero polas súas compras en Lápices de Colores; e Ana Canestro Novo, polas súas compras en Cempés.
Esta iniciativa ten como obxectivo dinamizar as vendas nos establecementos participantes, así como premiar a fidelidade dos clientes dos pequenos comercios.
No acto deste martes 29 de outuro entregáronse 10.000€ en premios na provincia da Coruña, distribuídos en 50 bonos de 200€, e ademais sorteouse unha tarxeta prepago de 1.000€ entre os asistentes.
Na cita participaron representantes da patronal de Ribeira. En concreto, acompañando a Gabriel Alén, director xeneral de Comercio, e máis a José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio, participou na gala Francisco Martínez, presidente da Asociación de empresarios de Ribeira.
A Federación e a Xunta fixeron saber que esta mesma semana actívase na provincia a segunda edición desta campaña, que se prolongará desde este venres 1 de novembro ata o día 20, cun sorteo previsto para o 22 de novembro entre todos os tíckets participantes doutros 50 bonos de 200 €, e cuxa gala final se celebrará o 29 do vindeiro mes ás 19,00 h. en Santiago de Compostela.
A iniciativa Merca no teu comercio, que tamén se está desenvolvendo no resto de provincias galegas, enmárcase no convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Comercio para avanzar na innovación, dixitalización e dinamización do sector.
Barbanza-Arousa | O Barbanza