A concellaría da Promoción económica da Pobra do Caramiñal presentou este 15 de abril a campaña publicitaria Un negocio en marcha, un local que agarda. Trátase dunha campaña cunha dobre vertente: por unha banda, consiste en dar publicidade a unha serie de negocios que están en marcha na zona do rural da Pobra do Caramiñal, […] A concellaría da Promoción económica da Pobra do Caramiñal presentou este 15 de abril a campaña publicitaria Un negocio en marcha, un local que agarda. Trátase dunha campaña cunha dobre vertente: por unha banda, consiste en dar publicidade a unha serie de negocios que están en marcha na zona do rural da Pobra do Caramiñal,
A concellaría da Promoción económica da Pobra do Caramiñal presentou este 15 de abril a campaña publicitaria Un negocio en marcha, un local que agarda. Trátase dunha campaña cunha dobre vertente: por unha banda, consiste en dar publicidade a unha serie de negocios que están en marcha na zona do rural da Pobra do Caramiñal, ao tempo que se da visibilidade a aqueles baixos que se atopan en alugueiro no centro da vila.

A campaña inclúe vinilos cunha montaxe de fotografías dos devanditos negocios cuxo soporte son os escaparates dunha serie de locais en alugueiro, situados en céntricas rúas da Pobra do Caramiñal; estas son: a rúa Gasset, a Fernández Varela e a rúa do Estremo. Estas imaxes van acompañadas dunha frase atractiva en clave de humor e dun código QR a través do cal é posíbel acceder a unha páxina web na que aparece a información, por unha banda dos negocios que se anuncian, cunha breve reseña da súa actividade, e, por outra, información relativa aos locais en alugueiro (contacto, características do inmoble ou prezo do mesmo).
En palabras da Concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, “trátase dunha campaña pensada ao longo dos últimos meses e enmarcada dentro dunha estratexia máis ampla que busca achegar á xente nova as distintas posibilidades que pode ter A Pobra do Caramiñal como o lugar para botar a andar o seu negocio, ao tempo que se da publicidade a negocios do rural que quizais son máis descoñecidos para este tipo de público”.
Cerecedo quixo, ademais, aproveitar a ocasión para agradecer ás persoas propietarias dos locais en alugueiro que os cederon gratuitamente para esta campaña.
Pola súa banda, Sara Sánchez, técnica da área fixo fincapé en que a temporalidade da campaña non foi casual, senón que está pensada para que esta estivese visíbel dende agora mesmo, Semana Santa, e ata o mes de setembro “aproveitando que son os meses de máis fluxo de persoas nas nosas rúas, sobre todo nos meses centrais do verán, xullo e agosto”, buscando non achegarse só a persoas da Pobra e comarca, senón a outras que poidan vir de fóra.
Os negocios participantes na campaña son:
Muebles Vizcaya
Ferretería Melchor
A de María
Supermercado Atlántico
Almacenes Vidal
Agro Ouviña
Comestibles Casa Rosa
Muebles Lijó
Porcelanosa
A de Capacho
Barbanza-Arousa | O Barbanza