A Cooperativa Santa Uxía de Ribeira (OPP83) organizou a mañá deste mércores 27 de novembro unha xornada educativa cos alumnos de 3º da ESO do IES Nº1 de Ribeira. A Organización de Produtores Pesqueiros centrou as súas accións en mostrar o día a día e a actividade do sector pesqueiro da comarca do Barbanza e […] A Cooperativa Santa Uxía de Ribeira (OPP83) organizou a mañá deste mércores 27 de novembro unha xornada educativa cos alumnos de 3º da ESO do IES Nº1 de Ribeira. A Organización de Produtores Pesqueiros centrou as súas accións en mostrar o día a día e a actividade do sector pesqueiro da comarca do Barbanza e
A Cooperativa Santa Uxía de Ribeira (OPP83) organizou a mañá deste mércores 27 de novembro unha xornada educativa cos alumnos de 3º da ESO do IES Nº1 de Ribeira. A Organización de Produtores Pesqueiros centrou as súas accións en mostrar o día a día e a actividade do sector pesqueiro da comarca do Barbanza e en fomentar a importancia de incluír o peixe na dieta dos mozos, un dos perfís de poboación que máis acusa o descenso de consumo deste alimento, por outra banda imprescindíbel nunha alimentación sa e equilibrada.
As actividades, nas que participaron ao redor de 75 escolares, desenvolvéronse ao longo de toda a mañá (desde as 10.00 horas ata as 14.30 horas) e organizáronse en tres bloques: de 10.00 a 11.30 horas os estudantes realizaron unha entrevista a patróns e armadores e elaboraron posteriormente unha reportaxe sobre o pasado e presente da pesca en Ribeira; de 12.00 horas a 13.30 horas participaron nun concurso de preguntas tras o visionado de material audiovisual sobre a OPP83 e nutrición; e de 13.30 horas a 14.30 horas gozaron dunha degustación de Lirio de Ribeira en tempura que tivo gran éxito entre a mocidade participante.
A xornada comezou no salón de actos do instituto, onde se realizou unha entrevista a Francisco Muñiz Orellán e Francisco Ayaso Casais, patróns de pesca xa retirados, e Pablo Pérez Martínez, armador de catro barcos de arrastre integrados na Cooperativa. Os tres profesionais do sector pesqueiro, membros do Consello Reitor, responderon ás interesantes preguntas sobre o pasado da pesca e a súa evolución. Con esta información no seu poder, os escolares debían realizar de xeito individual unha reportaxe ofrecendo a súa propia mirada sobre a evolución da pesca en Barbanza, que entregarán na vindeira semana. Os mellores traballos serán premiados coa súa publicación na web e nas redes sociais da OPP83.
Diversión e aprendizaxe co Trivial do Mar
Tras unha pausa para ao recreo, os alumnos de 3º da ESO volveron á aula para continuar coa aprendizaxe sobre un dos piares económicos da súa localidade: a pesca. Nesta segunda parte, coñeceron máis a fondo aspectos relacionados coa Organización de Produtores Pesqueiros OPP83 e coa nutrición. Logo, divididos en grupos, xogaron ao Trivial do Mar, demostrando os seus coñecementos.
Degustación de Lirio de Ribeira en tempura
Sobre as 13.30 horas, a OPP83 quixo pechar a xornada mostrando aos alumnos “que o peixe, ademais de ser importante para a economía do pobo e de ser beneficioso para a saúde, é un alimento delicioso”. Os adolescentes concentráronse entón ao redor da cociña móbil do cátering Baiuca para gozar do Lirio de Ribeira en tempura, do que se repartiron ao redor de 200 racións. Moitos alumnos repetiron e celebraron o rico que estaba o peixe, polo que a degustación “foi un éxito total” segundo informou a organización da xornada.
Esta acción divulgativa desenvolvida no IES no1 de Ribeira forma parte do Plan de Produción e Comercialización (PPyC) de 2024, co-financiado pola Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA). O obxectivo é dar a coñecer a actividade da OPP83 entre a poboación e ao mesmo tempo incentivar o consumo de peixe entre os máis novos.
Barbanza-Arousa | O Barbanza