A deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, visitou esta semana a Escola de Música de Rianxo. A entidade é unha das beneficiarias das subvencións do programa FO213/2026, destinado a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato da provincia. Precisamente, o […]
O artigo A Deputación apoia con 13.500 euros a actividade da Escola de Música de Rianxo publicouse primeiro en O Barbanza. A deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, visitou esta semana a Escola de Música de Rianxo. A entidade é unha das beneficiarias das subvencións do programa FO213/2026, destinado a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato da provincia. Precisamente, o
O artigo A Deputación apoia con 13.500 euros a actividade da Escola de Música de Rianxo publicouse primeiro en O Barbanza.
A deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, visitou esta semana a Escola de Música de Rianxo. A entidade é unha das beneficiarias das subvencións do programa FO213/2026, destinado a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato da provincia.

Precisamente, o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este xoves 16 de abril a resolución provisional desta convocatoria, na que a Escola de Música de Rianxo figura entre as entidades beneficiarias cunha achega de 13.500 euros para este exercicio.

Durante a visita, Natividade González destacou o compromiso continuado da Deputación co labor desenvolvido pola entidade, que ao abeiro do programa FO213 suma un total de 82.500 euros en subvencións provinciais nos últimos catro anos.

A responsábel provincial de Cultura puxo en valor o traballo da asociación que sostén a escola e salientou “un traballo admirábel que dá resultado, como proba o numeroso alumnado e profesorado con que conta” e que permite que Rianxo “siga a ser terra de músicos e de músicas, algo que sen dúbida enche de orgullo esta vila”.

A deputada subliñou ademais a importancia de apoiar o tecido asociativo e formativo vinculado á música como elemento fundamental para fortalecer a actividade cultural nos concellos e garantir a continuidade dunha tradición musical fondamente arraigada no territorio.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
