Os barcos da Cooperativa Santa Uxía de Ribeira, OPP83, recolleron no que vai de ano arredor de 1.400 kg de lixo mariño. Ademais, a Organización de Produtores Pesqueiros de Ribeira, en colaboración con Vertidos Cero, retirou do mar máis de 10.000 quilogramos de residuos dende 2018. Est tipo de accións dos membros da OPP83 alíñanse […] Os barcos da Cooperativa Santa Uxía de Ribeira, OPP83, recolleron no que vai de ano arredor de 1.400 kg de lixo mariño. Ademais, a Organización de Produtores Pesqueiros de Ribeira, en colaboración con Vertidos Cero, retirou do mar máis de 10.000 quilogramos de residuos dende 2018. Est tipo de accións dos membros da OPP83 alíñanse
Os barcos da Cooperativa Santa Uxía de Ribeira, OPP83, recolleron no que vai de ano arredor de 1.400 kg de lixo mariño. Ademais, a Organización de Produtores Pesqueiros de Ribeira, en colaboración con Vertidos Cero, retirou do mar máis de 10.000 quilogramos de residuos dende 2018.
Est tipo de accións dos membros da OPP83 alíñanse co seu compromiso coa sustentabilidade e a protección do medio ambiente. Ademais da recollida de residuos, a frota desenvolve outras iniciativas para a preservación do medio mariño, como: medidas de redución do esforzo e de limitación e redución de súa actividade; ou o uso de artes de pesca artesanais e selectivas.
Lembrar que a Cooperativa Santa Uxía de Ribeira ten un convenio de colaboración con Vertidos Cero. Os seus barcos asociados colaboran con esta ONG na recollida de lixo mariño desembarcando no peirao residuos, polo xeral plásticos, que se atopan enganchados nas redes ou aboiando na auga. Posteriormente, Vertidos Cero identifica, clasifica e recicla ese lixo contribuíndo así a economía circular. Este tipo de actuacións forma parte do Plan de Produción e Comercialización (PPeC) de 2024 da OPP83, cofinanciado pola Xunta de Galicia e polo FEMPA.
Barbanza-Arousa | O Barbanza