O Auditorio de Rianxo acolle este sábado 30 de novembro o espectáculo familiar e infantil O rapto da Befana, da compañía Olivas Negras. A entrada será de balde até completar a capacidade do auditorio. A función comezará ás 19.00 horas e está organizada polo Concello e a Deputación. Trátase dunha función teatral para público a […] O Auditorio de Rianxo acolle este sábado 30 de novembro o espectáculo familiar e infantil O rapto da Befana, da compañía Olivas Negras. A entrada será de balde até completar a capacidade do auditorio. A función comezará ás 19.00 horas e está organizada polo Concello e a Deputación. Trátase dunha función teatral para público a
O Auditorio de Rianxo acolle este sábado 30 de novembro o espectáculo familiar e infantil O rapto da Befana, da compañía Olivas Negras. A entrada será de balde até completar a capacidade do auditorio. A función comezará ás 19.00 horas e está organizada polo Concello e a Deputación.
Trátase dunha función teatral para público a partir de 5 anos, escrita por Paula Carballeira sobre unha idea de Sonsoles Cordón e protagonizada por Sergio Alfonso, Pablo Carrera, Germán Gundín, Rosa Puga, Diego Roca e Leonor Sangabriel. A produción corre a cargo de Olivas Negras.
Sinopse
Durante só unha noite de xaneiro, a bruxa Befana reparte agasallos e comida polas casas. Colombina, farta de traballar e de ser pobre, ten unha idea: raptar a Befana e así nunca lle faltará nada, pero Arlequín e Polichinela escoitan o seu plan. Arlequín quere chegar antes ca ninguén onda Befana para demostrarlle a Colombina que é máis listo ca ela. O Capitán vai con el, sobre todo porque non quere quedar só. Polichinela consegue a axuda de Pantalone e os seus cartos para indagar onde vive Befana. E Befana, sen sospeitar o que lle espera, viaxa na súa góndola pola terra, polo aire e pola auga, cambia de calcetíns, que é a cousa que máis lle gusta no mundo, e garda nos zapatos a súa maxia.
Barbanza-Arousa | O Barbanza