O Auditorio de Rianxo vai acoller este sábado a función Terapias Alternativas, a cargo do grupo TEN (Teatro Escola de Narón). Será o 14 de marzo ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio. Trátase dun espectáculo recomendado para todos os públicos. A entrada será de balde ata completar capacidade, con recollida de convites […] O Auditorio de Rianxo vai acoller este sábado a función Terapias Alternativas, a cargo do grupo TEN (Teatro Escola de Narón). Será o 14 de marzo ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio. Trátase dun espectáculo recomendado para todos os públicos. A entrada será de balde ata completar capacidade, con recollida de convites
O Auditorio de Rianxo vai acoller este sábado a función Terapias Alternativas, a cargo do grupo TEN (Teatro Escola de Narón). Será o 14 de marzo ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio. Trátase dun espectáculo recomendado para todos os públicos. A entrada será de balde ata completar capacidade, con recollida de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).
Terapias Alternativas é unha obra musical que trata sobre as facetas máis crueis do ser humano. Fiada entre a sátira e o humor negro, este espectáculo fala da busca e a reafirmación do lado máis escuro do poder de quen o exerce, a través dun evento de coaching persoal ao que son convidadas, por un anfitrión moi profesional, persoas das grandes elites mundiais.

Barbanza-Arousa | O Barbanza
