A Garda Civil desarticulou un punto de venda de drogas considerado “moi activo” no centro urbano de Boiro e detivo a dez persoas veciñas de Boiro e Rianxo como presuntas autoras dun delito contra a saúde pública e pertencentes a un grupo criminal. Segundo informou a Benemérita nun comunicado, a investigación —liderada por axentes do […] A Garda Civil desarticulou un punto de venda de drogas considerado “moi activo” no centro urbano de Boiro e detivo a dez persoas veciñas de Boiro e Rianxo como presuntas autoras dun delito contra a saúde pública e pertencentes a un grupo criminal. Segundo informou a Benemérita nun comunicado, a investigación —liderada por axentes do
Segundo informou a Benemérita nun comunicado, a investigación —liderada por axentes do posto da Garda Civil de Boiro— comezou en xuño de 2024 e centrouse nunha vivenda do centro da vila que operaba como punto permanente de distribución de estupefacientes durante as 24 horas do día.

A principal dirixente do grupo, con antecedentes por delitos relacionados co tráfico de drogas, empregaba complexas estratexias para evitar ser detectada polas forzas de seguridade. Entre estas medidas figuraban cambios constantes nos métodos de distribución, traxectos intermitentes con paradas aleatorias, e o uso dunha rede de colaboradores que realizaban as vendas en puntos discretos da zona urbana, alternando entre eles para non levantar sospeitas.
Nunha das fases da investigación chegaron a identificarse ata nove persoas colaborando activamente na venda das substancias.
A Garda Civil destacou que a actividade do punto de venda provocou un notable incremento de roubos e furtos na zona, atribuídos a consumidores con amplo historial delituoso que se desprazaban desde diversas localidades da comarca do Barbanza para adquirir cocaína, crac, heroína, haxix e outras substancias. Nalgúns días chegaron a contarse máis de 30 compradores na contorna da vivenda investigada.
O pasado 24 de xuño, os axentes detiveron á principal responsable do grupo cando saía da vivenda obxectivo da operación. Posteriormente, realizouse un rexistro domiciliario no que se interviñeron:
- 197 doses de cocaína (42,16 g)
- 303 doses de heroína (33,08 g)
- 8 doses de crac (1,9 g)
- 93 doses de haxix (28,09 g)
- 15 pastillas de metadona (3 g)
- 12 doses de marihuana (5,98 g)
Tamén foron incautados diversos obxectos procedentes de roubos e furtos, entre eles unha bicicleta valorada en 3.000 euros, xa identificada polo seu propietario. Tras a intervención, foron detidas as outras nove persoas que formaban parte da rede como colaboradoras directas na distribución da droga.
Os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Ribeira. A xuíza decretou o ingreso en prisión da principal responsable e deixou en liberdade con cargos aos outros oito implicados.
Barbanza-Arousa | O Barbanza