A investigadora ribeirense do IDIS Ana Belén Crujeiras é recibida pola raíña Letizia no Palacio da Zarzuela A investigadora do IDIS Ana Belén Crujeiras (Santa Uxía de Ribeira) foi recibida hoxe pola Súa Maxestade a Raíña Dona Letizia no Palacio da Zarzuela xunto aos gañadores dos Premios de Investigación Jesús Serra e os Premios Especiais […] A investigadora ribeirense do IDIS Ana Belén Crujeiras é recibida pola raíña Letizia no Palacio da Zarzuela A investigadora do IDIS Ana Belén Crujeiras (Santa Uxía de Ribeira) foi recibida hoxe pola Súa Maxestade a Raíña Dona Letizia no Palacio da Zarzuela xunto aos gañadores dos Premios de Investigación Jesús Serra e os Premios Especiais
A investigadora do IDIS Ana Belén Crujeiras (Santa Uxía de Ribeira) foi recibida hoxe pola Súa Maxestade a Raíña Dona Letizia no Palacio da Zarzuela xunto aos gañadores dos Premios de Investigación Jesús Serra e os Premios Especiais de Comunicación Científica Federico Halpern.
Crujeiras foi a gañadora do Premio Jesús Serra na categoría de Investigación Clínica polo seu traballo sobre como inflúe a obesidade no cancro de mama. Un estudo destinado a mellorar os tratamentos oncolóxicos, pero tamén promover estratexias de prevención e sustentabilidade para reducir o impacto sanitario e social da obesidade.

A investigadora do IDIS Ana Belén Crujeiras foi recibida este xoves por raíña Letizia no Palacio da Zarzuela, xunto cos demais galardoados da 7.ª edición dos Premios de Investigación Jesús Serra da Fundación Occident. A audiencia enmárcase no compromiso da Casa Real cos proxectos que ligan alimentación, nutrición e saúde, un dos eixos de traballo prioritarios da raíña.
Crujeiras, líder do grupo de Epixenómica en Endocrinoloxía e Nutrición do IDIS e profesora da USC, foi recoñecida na categoría de Investigación Clínica polo proxecto EPINUTOBREST, centrado na modulación epixenética mediante intervención nutricional no cancro de mama asociado á obesidade. O estudo analiza, por primeira vez, como a perda de peso en mulleres posmenopáusicas con obesidade pode mellorar a eficacia dos tratamentos oncolóxicos e o prognóstico clínico deste tipo de tumor.
Na categoría de Investigación Básica o premiado foi Jordi Mayneris-Perxachs, por un traballo centrado na microbiota intestinal e a súa relación coa obesidade e a saúde metabólica. Ademais, nesta edición convocáronse por primeira vez os Premios Especiais de Comunicación Científica Federico Halpern, que recaeron na xornalista Cristina Sáez (Medios Tradicionais) e nas divulgadoras Beatriz Robles e Laura Caorsi (Novos Formatos).
Os Premios Jesús Serra recoñecen carreiras que conectan nutrición e alimentación coa saúde, con proxectos en ámbitos como tecnoloxía alimentaria, microbiota, epidemioloxía, obesidade e prevención de enfermidades a través da dieta. A Casa Real subliñou que esta audiencia encaixa no compromiso continuado da raíña Letizia cos temas de alimentación e nutrición, destacando o traballo de quen promove a saúde, a prevención e os hábitos de vida saudables.
Tras o encontro, Ana Belén Crujeiras agradeceu o recoñecemento e puxo en valor a traxectoria da raíña Letizia no apoio á saúde e á divulgación científica. “O seu apoio dá voz á ciencia e promove a investigación como piar fundamental para o benestar da sociedade”, sinalou, engadindo que este respaldo institucional “infunde esperanza e motiva a perseverar na procura do coñecemento”, co obxectivo de avanzar cara a unha sanidade e unha ciencia accesibles para todas as persoas
Barbanza-Arousa | O Barbanza
