A Lonxa de Ribeira renova a súa alianza con Amicos para seguir recuperando corais e restaurando fondos mariños

A mañá deste luns, 9 de marzo, a Lonxa de Ribeira renovou o seu convenio de colaboración con Amicos, reforzando unha alianza estratéxica que combina inclusión social, compromiso co medio mariño e responsabilidade social corporativa. O acordo foi asinado polo director xeral de Amicos, Xoán España, e polo xerente da Lonxa de Riveira, Fernando Carreira, […] A mañá deste luns, 9 de marzo, a Lonxa de Ribeira renovou o seu convenio de colaboración con Amicos, reforzando unha alianza estratéxica que combina inclusión social, compromiso co medio mariño e responsabilidade social corporativa. O acordo foi asinado polo director xeral de Amicos, Xoán España, e polo xerente da Lonxa de Riveira, Fernando Carreira,  

A mañá deste luns, 9 de marzo, a Lonxa de Ribeira renovou o seu convenio de colaboración con Amicos, reforzando unha alianza estratéxica que combina inclusión social, compromiso co medio mariño e responsabilidade social corporativa. O acordo foi asinado polo director xeral de Amicos, Xoán España, e polo xerente da Lonxa de Riveira, Fernando Carreira, nun acto no que tamén estiveron presentes Pilar Sampedro, responsábel do Centro de Atención Integral de Amicos, e varias/os activistas medioambientais de Amicos, protagonistas do coidado e recuperación dos fondos mariños.

Segundo explicaron, “esta colaboración permite dar continuidade ao Hospital de Corais de Amicos, un espazo situado nas instalacións da Lonxa no que se rehabilitan as gorgonias que as e os profesionais do mar capturan de forma accidental durante a súa actividade, un proxecto que é unha oportunidade de restauración ambiental dos fondos mariños e sensibilización ambiental”.

Desde a posta en marcha deste hospital mariño, os activistas de Amicos lograron restaurar máis de 700 gorgonias, que foron coidadas, recuperadas e devoltas ao seu hábitat natural. “Foi un traballo minucioso que require coñecemento técnico, coordinación e, sobre todo, compromiso”, explicaron dende Amicos, engadindo que “neste proceso, o papel do sector pesqueiro é clave, xa que a colaboración coas e cos profesionais do mar permite detectar, trasladar e dar unha segunda vida a estes organismos, fundamentais para a biodiversidade dos nosos fondos mariños”.

Adriana Miguéns, portavoz e activista medioambiental de Amicos, destacou do seu labor que “para min é moi importante participar no Hospital de Corais de Amicos. Aquí coidamos as gorgonias que chegan da pesca e axudámolas a recuperarse, para que despois volvan ao mar. A min gústame moito este traballo porque estamos axudando a coidar o mar e a natureza. Moitas grazas á Lonxa de Ribeira por colaborar con nós”.

Pola súa banda, Fernando Carreira puxo en valor a continuidade desta colaboración, subliñando o compromiso da Lonxa de Ribeira coa responsabilidade social e co activismo ambiental, apostando por iniciativas que contribúan á protección do ecosistema mariño”.

Inclusión, formación e impacto ambiental

O Hospital de Corais é tamén un espazo de aprendizaxe e participación. Nel, persoas con discapacidade e alumnado en formación, como os integrantes do programa Dual Natura II, traballan man a man na restauración dos fondos mariños, adquirindo competencias e formando parte activa dun proxecto con impacto real.

Para Amicos, “esta alianza é un exemplo do compromiso da Lonxa de Ribeira coa preservación e coidado do medio mariño e o seu papel activo por mellorar o seu impacto social, económico e ambiental: unha mostra de como a colaboración entre entidades pode xerar oportunidades, promover a inclusión e contribuír á conservación do noso patrimonio natural”.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas