Ribeira foi o lugar escollido para poñer punto e final á viaxe da exposición Amiríos, impulsada pola asociación da nosa comarca Amicos e que percorreu as rúas do Barbanza durante o mes de outubro. A partir deste martes, 29 de outubro, os tres tótems informativos estarán expostos na praza de España ribeirá ata o domingo, […] Ribeira foi o lugar escollido para poñer punto e final á viaxe da exposición Amiríos, impulsada pola asociación da nosa comarca Amicos e que percorreu as rúas do Barbanza durante o mes de outubro. A partir deste martes, 29 de outubro, os tres tótems informativos estarán expostos na praza de España ribeirá ata o domingo,
Ribeira foi o lugar escollido para poñer punto e final á viaxe da exposición Amiríos, impulsada pola asociación da nosa comarca Amicos e que percorreu as rúas do Barbanza durante o mes de outubro. A partir deste martes, 29 de outubro, os tres tótems informativos estarán expostos na praza de España ribeirá ata o domingo, 3 de novembro. Alí realizouse este 29 de outubro un acto de benvida no que participaron un cento de alumnos e alumnas do CEIP O Grupo e do CEEPR de Amicos, o director de Augas de Galicia, Roi Fernández, e varios representantes de equipos do goberno de Barbanza.
Así, do Concello de Ribeira asistiron o alcalde, Luís Barral, e os concelleiros de Medio Rural e Servizos Municipais, Tania Redondo, de Medio Ambiente e Cultura, Antía Alberte, e do Mar, Fernando Abraldes. Asemade, tamén acudiron o concelleiro de Conservación e Medio Ambienten de Porto do Son, Juan José Miranda, a vicepresidenta de Amicos, Digna Iglesias, e o director xeral da entidade, Xoán España.
O acto comezou na propia praza de España, onde os axentes medioambientais de Amicos explicaron no que consiste o proxecto e o papel condutor e activista das persoas con discapacidade intelectual no mesmo. Alí falaron sobre o seu obxectivo de promover a participación activa de toda a sociedade na conservación e mellora dos ríos, partindo da situación das fontes fluviais da zona hidrográfica Galicia Costa, e a protección da súa biodiversidade.
De seguido foi a quenda dos traballadores das Ecobrigadas, que foron os encargados de explicar a natureza das accións de conservación que se están a desenvolver nos ríos da zona. A continuación, o director xeral de Amicos quixo agradecer ao alumnado e equipo dos centros escolares presentes por achegarse a coñecer a importancia dos recursos fluviais galegos da man da comunidade da asociación, e animounos a converterse “en vixiantes dos nosos ríos, coa obriga de vixiar que os nosos regatos e ríos se coiden e coidalos nós mesmos”.
Tamén quixo “dar as grazas pola participación das institucións, destacadamente aos Concellos de Ribeira, Porto do Son e ao director de Augas de Galicia por crer en nós e por ser o encargado da xestión da auga da que desfutamos todos e todas nos nosos fogares”.
Pola súa banda, o alcalde de Ribeira, Luís Barral, destacou que “hoxe é un día importante para coñecer a importancia dos ríos e da auga, tanto ríos importantes como pequenos regatos que todos e todas debemos coidar. Nós como Concello temos que facer traballos para que eses cursos fluviais grandes e pequenos estean limpos, pero é importante a axuda de todo o mundo, e vós sodes importantes para facer ese labor de pedagoxía na casa de ensinar que os residuos que xeramos non poden tirarse en calquera lugar. Temos que ser coidadosos co medio natural e coidar da nosa auga, que é un ben moi escaso. Non só para todos e todas nós senón tamén para as futuras xeracións”.
“Dende o Concello de Ribeira queremos agradecer o traballo que fai Amicos con estas xornadas de sensibilización e educación ambiental, tamén o traballo que estades facendo vós dende os coles, que seredes os que ensinen ás novas xeracións. E tamén agradecer á Augas de Galicia por involucrarse con este proxecto”. Tamén incidiu en “que entre tódalas administracións, entidades sociais e toda a sociedade temos que facer que a nosa natureza siga sendo un lugar único que debemos desfrutar e preservar entre todos e todas”.
O director de Augas de Galicia pechou o acto facendo fincapé en que “eu son un representante voso, ao final a Xunta de Galicia o que fai é levar a cabo o que todos vós como cidadáns queredes. Como di un dos lemas que temos, Cada gota de auga conta, e cada cousa que facedes e vaiades facer vós conta, polo que é importante que entre todos sigamos conservando este ben que temos a sorte de ter. Pero como destacou o alcalde de Ribeira, en Galicia temos moita auga pero debemos seguir coidándoa para que chegue no mellor estado para todos. E quen mellor para facer de embaixadores que os axentes de Amicos, que veredes a cantidade de cousas que vos van ensinar. E colaboremos todos e todas para coidar e mellorar as nosas augas”.
De seguido, os axentes medioambientais conduciron varias actividades lúdicas nas que participaron tanto un cento de escolares do CEIP O Grupo como os convidados ao acto. Esta xiraron en torno ao coñecemento da biodiversidade autóctona dos ríos galegos, o ciclo da auga e a situación dos mesmos.
Despois o grupo achegouse ao río Artes-Sanchanás de Ribeira, onde puideron ver as tarefas de conservación e rehabilitación ambiental que se están levando a cabo dirixidas polas Ecobrigadas mediante a restauración de vexetación autóctona e a erradicación de especies invasoras.
Unha mostra viaxeira para concienciar á poboación
Amiríos é un proxecto promovido pola Asociación Amicos e financiado por Augas de Galicia, entidade adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia. A iniciativa nace para promover a participación activa de toda a sociedade na conservación e mellora dos ríos, partindo da situación das fontes fluviais da zona hidrográfica Galicia Costa. E neste senso, entre as distintas accións levadas a cabo ao abeiro do proxecto está a instalación de distintos puntos de información en forma de mostra itinerante en espazos públicos da zona hidrográfica Galicia Costa.
Ao longo do mes de outubro, a mostra informativa foi exposta na senda da praia Barraña de Boiro, no paseo marítimo de Porto do Son, na praza do Concello de Noia, na praza de Padrón de Rianxo, e en Ribeira.
Barbanza-Arousa | O Barbanza