A Asociación de Empresarios de Ribeira informou de que xa comezaron a desvelarse algunhas das gañadoras do sorteo de convites para asistir ao concerto Tributo a Mecano que convocou esta tempada a patronal como xeito de premiar a fidelidade das veciñas e veciños cos establecementos de proximidade. A asociación felicitou ás gañadoras que xa se […] A Asociación de Empresarios de Ribeira informou de que xa comezaron a desvelarse algunhas das gañadoras do sorteo de convites para asistir ao concerto Tributo a Mecano que convocou esta tempada a patronal como xeito de premiar a fidelidade das veciñas e veciños cos establecementos de proximidade. A asociación felicitou ás gañadoras que xa se
A Asociación de Empresarios de Ribeira informou de que xa comezaron a desvelarse algunhas das gañadoras do sorteo de convites para asistir ao concerto Tributo a Mecano que convocou esta tempada a patronal como xeito de premiar a fidelidade das veciñas e veciños cos establecementos de proximidade. A asociación felicitou ás gañadoras que xa se deron a coñecer (tres) e “a todos e a todas por participar e mercar no comercio local”.
En total, sortéanse cinco entradas dobres para desfrutar da actuación Tributo a Mecano, Non tes nada que perder, que se celebra o vindeiro 19 de abril no Auditorio de Ribeira. As entradas sortearanse desde este mércores 9 pola tarde ata o martes 15 de abril. Esta campaña esta co-financiada pola Xunta de Galicia.

Este sorteo encádrase na campaña Pascua no Comercio, que se desenvolve dende o 4 até o 20 de abril, sorteando 150 euros en vales de compra, co que a patronal de Ribeira busca “incentivar as compras nos establecementos de proximidade neste tempo de Semana Santa”. Con cada compra os clientes poden participar no sorteo rexistrando o seu tícket na páxina web empresariosriveira.com ou escaneando os código QR que estará presente nos carteis e flyers repartidos polos comercios e establecementos asociados.

Barbanza-Arousa | O Barbanza