A pianista e compositora Elsa Muñiz (Boiro, 1992) anunciou este mes de xuño o lanzamento de New Beginnings, o seu segundo álbum instrumental, definido pola nova intérprete do Barbanza como “un traballo profundamente persoal que inaugura unha nova etapa na miña vida e na miña carreira artística”. Este libro-disco enmárcase dentro da súa proposta de […] A pianista e compositora Elsa Muñiz (Boiro, 1992) anunciou este mes de xuño o lanzamento de New Beginnings, o seu segundo álbum instrumental, definido pola nova intérprete do Barbanza como “un traballo profundamente persoal que inaugura unha nova etapa na miña vida e na miña carreira artística”. Este libro-disco enmárcase dentro da súa proposta de

A pianista e compositora Elsa Muñiz (Boiro, 1992) anunciou este mes de xuño o lanzamento de New Beginnings, o seu segundo álbum instrumental, definido pola nova intérprete do Barbanza como “un traballo profundamente persoal que inaugura unha nova etapa na miña vida e na miña carreira artística”. Este libro-disco enmárcase dentro da súa proposta de pianotelling, un concepto propio co que combina a música de piano co relato emocional de experiencias reais, transformando vivencias persoais en pezas sonoras cargadas de significado. O libro-disco de Elsa Muñiz xa está dispoñíbel en plataformas dixitais.
O lanzamento vén acompañado pola saída do focus track, cuxo título dá nome ao álbum, e presenta un videoclip gravado nunha praia da súa vila natal, Boiro, onde interpreta ao piano esta emotiva peza fronte ao mar. A localización é máxica: unha praia tranquila de area dourada e augas calmas, rodeada de pequenos illotes e piñeirais. A intención de Elsa con este videoclip foi crear un contraste entre a elegancia do piano de cola coa serenidade da paisaxe galega, “dando forma a unha atmosfera íntima e poderosa que reflicte a súa conexión coa terra e a música”. O videoclip foi dirixido por White Mamba en colaboración con Roma Audiovisual.
Ao longo das súas nove pezas instrumentais, a artista comparte temas universais como a saúde mental, a perda, a esperanza ou a celebración do presente. Desde Invisible Sadness, inspirada polo suicidio de Verónica Forqué, ata Let’s Go, que pecha o disco cunha explosión de alegría e gratitude, Elsa Muñiz guía ao oínte por unha viaxe introspectiva e emocional.
A peza que dá título ao álbum, New Beginnings, reflicte con forza o momento no que decide romper co establecido e apostar polo seu soño. Outros temas destacados son Lost, sobre o medo e a incerteza ante decisións importantes; Isabel, unha homenaxe a unha compañeira falecida; e Sailing the Way, que rende tributo a Galicia, o mar e o Camiño de Santiago.
O disco tamén inclúe unha versión especial para piano en solitario de The Cities Burn, peza anteriormente publicada xunto ao rapeiro Habló Pablo. Nesta nova interpretación, Elsa Muñiz espida a composición ata a súa esencia instrumental, achegando unha mirada máis íntima e persoal.
Como dixemos, o segundo álbum de Elsa Muñiz, New Beginnings, xa está dispoñíbel en plataformas dixitais. Vén precedido pola publicación dun LP anterior, Memories, e diversos singles que se poden escoitar en Spotify onde chegou a superar os 3 millóns de escoitas e, actualmente, conta con preto de 20.000 oíntes mensuais.

Traxectoria
Nada en Boiro (A Coruña), Elsa trazou unha traxectoria que une a excelencia académica cunha proposta artística profundamente persoal. Estudou no Conservatorio Superior de Música de Vigo e ampliou a súa formación na Universidade de Música Fryderyk Chopin de Varsovia, unha das máis prestixiosas de Europa. Ao mesmo tempo formouse como docente na Universidade de Santiago de Compostela, unindo música e pedagoxía como piares do seu traballo.
Foi en 2018 cando a súa carreira deu un xiro inesperado con Memories, o seu primeiro álbum de composicións orixinais. Sete pezas para piano inspiradas en microrrelatos autobiográficos que lograron conectar co público.
O seu proxecto máis recente, Presentimento (2024), é unha peza audiovisual gravada sobre unha batea na ría de Arousa como homenaxe ao seu pai falecido e aos traballadores do mar. A iniciativa, en colaboración con Alimentos de España e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, tivo unha gran pegada en redes e medios rexionais.
Barbanza-Arousa | O Barbanza