A Pobra acende o seu Nadal ao son da música e degustando chocolate

A Pobra do Caramiñal xa entra oficialmente no Nadal co acto de acendemento do alumeamento. Dous elfos de Papá Noel estiveron cantando panxoliñas polo centro urbano para guiar veciñanza cara a praza Alcalde Segundo Durán, onde, como xa é habitual, as crianzas estaban expectantes por se-las elixidas para premer o botón que ilumina as noites […] A Pobra do Caramiñal xa entra oficialmente no Nadal co acto de acendemento do alumeamento. Dous elfos de Papá Noel estiveron cantando panxoliñas polo centro urbano para guiar veciñanza cara a praza Alcalde Segundo Durán, onde, como xa é habitual, as crianzas estaban expectantes por se-las elixidas para premer o botón que ilumina as noites  

A Pobra do Caramiñal xa entra oficialmente no Nadal co acto de acendemento do alumeamento.

Dous elfos de Papá Noel estiveron cantando panxoliñas polo centro urbano para guiar veciñanza cara a praza Alcalde Segundo Durán, onde, como xa é habitual, as crianzas estaban expectantes por se-las elixidas para premer o botón que ilumina as noites desta época festiva.

Deseguido, tocou desprazarse ata a praza do Emigrante ao son das panxoliñas, atravesando uns Xardíns de Valle-Inclán engalanados. Alí foi o momento de descubrir o belén municipal, momento no que os nenos e nenas se postularon para acender o nacemento que, coma cada ano, incorpora novidades.

Nesta ocasión, unhas casiñas elaboradas pola rapazada do CAD. O alcalde, José Carlos Vidal, quixo agradecer o seu talento, así como o de María Sanmartín, xardineira e artífice deste punto de atracción do municipio por estas datas.

Lembrou tamén que o concerto de Gallaecia Small Band adiado pola previsión de chuvia para as últimas horas terá lugar no 24 de decembro, ás 12.30 horas, na alameda.

A tarde rematou cun convite para desfrutar dunha chocolatada nas inmediacións.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas