A Pobra amosa a súa solidariedade coas persoas afectadas polo episodio da dana en Levante

O Concello da Pobra do Caramiñal sumouse á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) de gardar un minuto de silencio, ás 12.00 horas, nas inmediacións da Casa Consistorial como mostra de solidariedade con Albacete e Valencia, gravemente afectadas por un episodio de dana. Por esta mesma razón, a Administración local decidiu suspender […] O Concello da Pobra do Caramiñal sumouse á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) de gardar un minuto de silencio, ás 12.00 horas, nas inmediacións da Casa Consistorial como mostra de solidariedade con Albacete e Valencia, gravemente afectadas por un episodio de dana. Por esta mesma razón, a Administración local decidiu suspender  

O Concello da Pobra do Caramiñal sumouse á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) de gardar un minuto de silencio, ás 12.00 horas, nas inmediacións da Casa Consistorial como mostra de solidariedade con Albacete e Valencia, gravemente afectadas por un episodio de dana.

Por esta mesma razón, a Administración local decidiu suspender os actos finais das XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán.

No momento de congregárense tódolos presentes, o alcalde, José Carlos Vidal, indicou que é un acto en memoria de tódalas persoas falecidas, apoio ás súas familias e amizades, ademais de confiar na pronta localización das desaparecidas e en consideración con quen perdeu o seu fogar por efecto do temporal. “Trasladamos aos municipios afectados o noso afecto e respaldo nesta situación tan difícil”, declarou. O silencio rematou cun aplauso.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas