A Pobra do Caramiñal deu a coñecer a súa programación de actividades turísticas para a Semana Santa 2026. Trátase dunha proposta que inclúe catro iniciativas e está pensada para poñer en valor o patrimonio natural, histórico e cultural do municipio. A concelleira de Turismo, Estefanía Ramos, salientou que se trata dunha oferta “pensada para todos […]
O artigo A Pobra convida a descubrir o seu patrimonio cunha programación especial de Semana Santa publicouse primeiro en O Barbanza. A Pobra do Caramiñal deu a coñecer a súa programación de actividades turísticas para a Semana Santa 2026. Trátase dunha proposta que inclúe catro iniciativas e está pensada para poñer en valor o patrimonio natural, histórico e cultural do municipio. A concelleira de Turismo, Estefanía Ramos, salientou que se trata dunha oferta “pensada para todos
O artigo A Pobra convida a descubrir o seu patrimonio cunha programación especial de Semana Santa publicouse primeiro en O Barbanza.

A Pobra do Caramiñal deu a coñecer a súa programación de actividades turísticas para a Semana Santa 2026. Trátase dunha proposta que inclúe catro iniciativas e está pensada para poñer en valor o patrimonio natural, histórico e cultural do municipio.
A concelleira de Turismo, Estefanía Ramos, salientou que se trata dunha oferta “pensada para todos os públicos, que combina natureza, historia, tradición e lecer e que reforza a nosa aposta por un turismo sostíbel e de calidade”. A edil concluíu convidando “a todos os veciños e veciñas, así como ás persoas que nos visiten, a desfrutar destas actividades”.
A primeira actividade realizarase o mércores 1 de abril. Trátase dun obradoiro de marisqueo a pé na praia dos Areos, que terá como punto de encontro a Casa Mariñeira ás 12.00 horas. O prezo será de 6 euros para menores de 10 anos e 12 para os maiores de 11.
A programación continuará o Xoves Santo, 2 de abril, con xogos tradicionais, completamente de balde, na praza do Cantón da Leña a partir das 17.30 horas.
O Sábado de Pascua, 4 de abril, desenvolverase unha ruta turística polo río das Pedras guiada por Joaquín Rubal. Nesta ocasión a actividade é recomendada para maiores de 12 anos. A saída será ás 10.00 horas fronte á Casa Mariñeira e o prezo, de 15 euros, inclúe o traslado en microbús ata o miradoiro de Valle-Inclán.
Finalmente, o domingo 5 de abril celebrarase unha andaina guiada polos Areos baixo o título Descubrindo o barrio industrial do Caramiñal, da man de José Manuel Vázquez Queté, tamén recomendada para maiores de 12 anos. O punto de encontro será o paseo dos Areos, fronte á estatua da Pescantina, ás 11.00 horas. Esta actividade será de balde e as prazas son limitadas.
Todas as propostas, excepto os xogos tradicionais, requiren inscrición previa, que pode realizarse na Oficina de Turismo da Pobra. O horario da instalación dende o luns 30 de marzo ata o sábado 4 de abril será de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.30 horas.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
