A Pobra do Caramiñal inaugura esta fin de semana o Entroido 2026 cun amplo programa de festas para todas as idades

A Pobra do Caramiñal prepárase para dar comezo este sábado, 14 de febreiro, ás celebracións do Entroido 2026, cunha programación chea de actividades pensadas para todos os públicos. A música e o espírito festivo chegarán ás rúas da vila da man de Os Encerellados, que actuarán a partir das 12.00 horas. Xa pola tarde, ás 19.30, Troula Animación ofrecerá […] A Pobra do Caramiñal prepárase para dar comezo este sábado, 14 de febreiro, ás celebracións do Entroido 2026, cunha programación chea de actividades pensadas para todos os públicos. A música e o espírito festivo chegarán ás rúas da vila da man de Os Encerellados, que actuarán a partir das 12.00 horas. Xa pola tarde, ás 19.30, Troula Animación ofrecerá  

A Pobra do Caramiñal prepárase para dar comezo este sábado, 14 de febreiro, ás celebracións do Entroido 2026, cunha programación chea de actividades pensadas para todos os públicos.

A música e o espírito festivo chegarán ás rúas da vila da man de Os Encerellados, que actuarán a partir das 12.00 horas. Xa pola tarde, ás 19.30, Troula Animación ofrecerá o espectáculo Lume, cun percorrido desde o Cantón da Leña ata os Xardíns de Valle-Inclán. A xornada rematará coa gran festa de disfraces na praza Alcalde Segundo Durán, amenizada pola disco móbil Chinhamusic.

O domingo, 15 de febreiro, o protagonismo será para os máis pequenos. Debido á previsión de choiva, a festa infantil trasládase ao polideportivo da Tomada, onde haberá inchábeis, obradoiros, chocolate con churros e un concurso con 800 euros en premios para crianzas de ata 12 anos.

O tradicional desfile de comparsas e carrozas, previsto inicialmente para o martes 17, celebrarase finalmente o venres 20 de febreiro, tamén por mor do mal tempo. No desfile participarán as comparsas SamieiraOs da cañaAs sonecas e Cor Café, cun percorrido desde A Covecha ata a rúa Castelao, rematando no colexio Fernández Varela, escenario do concurso.

Todas as carrozas inscritas recibirán 200 euros por participar (ata un máximo de sete), e os premios principais sumarán 1.850 euros na categoría de carrozas1.450 euros na de grupos e 775 euros para parellas e disfraces individuais.

As celebracións prolongaranse a fin de semana seguinte co Enterro do Filipiño, o sábado 21, e o Domingo de Piñata, o día 22, poñendo o broche de ouro ao Entroido pobrense.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas