Física, psicolóxica, sexual, económica, social, dixital… o feminicidio. Todas elas son violencias exercidas contra as mulleres e A Pobra do Caramiñal quixo erguerse contra o machismo cunha concentración a carón da escultura Como agua, nos Xardíns de Valle-Inclán, neste Día Internacional daEliminación da Violencia contra a Muller Un acto que comezou cun audio de relatos […] Física, psicolóxica, sexual, económica, social, dixital… o feminicidio. Todas elas son violencias exercidas contra as mulleres e A Pobra do Caramiñal quixo erguerse contra o machismo cunha concentración a carón da escultura Como agua, nos Xardíns de Valle-Inclán, neste Día Internacional daEliminación da Violencia contra a Muller Un acto que comezou cun audio de relatos
Física, psicolóxica, sexual, económica, social, dixital… o feminicidio. Todas elas son violencias exercidas contra as mulleres e A Pobra do Caramiñal quixo erguerse contra o machismo cunha concentración a carón da escultura Como agua, nos Xardíns de Valle-Inclán, neste Día Internacional daEliminación da Violencia contra a Muller Un acto que comezou cun audio de relatos de distintas mulleres; testemuños de vítimas dunha problemática social que é preciso erradicar.
Crueza no vivido, no pasado, e mensaxe de esperanza para o porvir: “hai futuro.”“Recentemente estase notando certo odio ou certa división con respecto ó feminismo e non o podemos permitir. O feminismo é o principio de igualdade entre as mulleres e os homes. Este termo non pode ser utilizado para crear división, senón todo o contrario: temos que ser capaces de veloe non deixar que se aproveite quen se beneficia de crear división. Ante esta lacra social como é a violencia de xénero, debemos unirnos e loitar ereivindicarnos e perseguir entre todas e todos unha sociedade igualitaria onde a violencia machista non teña cabida”, declarou na súa intervencióna concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos.Aquí xogan un papel fundamental as administracións públicas. Deseguido, deu lectura ao manifesto da Federación Galega de Municipios eProvincias (FEGAMP); unha declaración institucional na que “reafirmámo- lo noso compromiso para lle poñer fin á violencia contra as mulleres,sendo un obxectivo irrenunciable e prioritario.” “A condena da violencia machista en tódalas súas manifestacións e o traballo colectivo naconstrución dun presente no cal ningunha muller sexa vítima desta violencia teñen que se reforzar, dende o compromiso activo que lles poñafin a esas actitudes patriarcais”, continuou.20
E os datos que apreman sobre a necesidade de erradicar esta problemática; 1.284 mulleres asasinadas por homes que eran, ou foron, as súas parellas dende 2003; 42 mulleres asasinadas no que vai de 2024; máis de 95.000 denuncias presentadas por mulleres vítimas de violencia machista. Porque “non pode haber máis silencios cómplices. Xa é tempo de que a vergoña, que ata agora recaía sobre as vítimas que sofren a violencia, cambie de bando e recaia sobre os agresores”, finalizou.A esta concentración tamén asistiu a familia de María del Rocío Lijó; unha moza de 18 anos cuxa vida foi truncada na vila a principios dos anos 80.Unha placa aos pés da referida escultura recorda a esta rapaza, a Diana Quer e a tódalas mulleres vítimas da violencia de xénero.Tamén se pronunciou o alcalde, José Carlos Vidal, quen manifestou que “está claro que continuamos vivindo nunha sociedade machista onde aviolencia contra a muller a continúan exercendo homes desaprehensivos.A loita contra os crimes machistas é unha loita contra a inxustiza; unha loita que non é exclusiva dun xénero, senón de toda a sociedade enteira. Éunha loita pola igualdade e contra a discriminación. E esta loita a gañaremos entre todos e todas.”Procedeuse, no remate, cun minuto de silencio na memoria de tódalas vítimas.
Barbanza-Arousa | O Barbanza