A Pobra impulsará máis medidas a prol da normalización lingüística e o desenvolvemento económico do concello

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada do 28 de novembro, a partir das 19.00 horas, a sesión ordinaria do pleno da corporación. A sesión saldouse con acordos como a posta en marcha de medidas para impulsar o uso do galego ou a proposta do BNG para instar á […] O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada do 28 de novembro, a partir das 19.00 horas, a sesión ordinaria do pleno da corporación. A sesión saldouse con acordos como a posta en marcha de medidas para impulsar o uso do galego ou a proposta do BNG para instar á  

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada do 28 de novembro, a partir das 19.00 horas, a sesión ordinaria do pleno da corporación. A sesión saldouse con acordos como a posta en marcha de medidas para impulsar o uso do galego ou a proposta do BNG para instar á Xunta a incluír nos Orzamentos de 2025 as partidas necesarias para “contribuír ao desenvolvemento social e económico do noso concello”.

A orde do día foi a que figura a seguir:

1. Aprobación actas anteriores (7 e 26 de xullo, 28 de setembro, 7 e 30 de novembro de 2023; 21 de xaneiro, 8 e 29 de febreiro, 15 de abril, 15 e 30 de maio, 1 de agosto, 12 e 26 de setembro de 2024). Aprobada por unanimidade.

2. Dar conta de decretos da Alcaldía e asuntos varios.

3. Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal nº7 reguladora da taxa pola subministración e acometida á rede xeral de abastecemento de auga potable, así como da conservación de contadores e acometidas. Actualización de tarifas para o ano 2025. Aprobada por unanimidade.

4. Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal nº20 reguladora da taxa polo servizo de sumidoiros. Aprobada por unanimidade.

5. Moción do grupo municipal do PP relativa á compra da antiga nave de Hadasa na Ribeiriña. Denegada ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP).

6. Moción do grupo municipal do PP relativa ó desmantelamento da seguridade preservada pola Garda Civil na provincia da Coruña. Denegada a emenda de substitución presentada polo BNG ao contar con 2 votos a favor (BNG), 6 en contra (PP) e 5 abstencións (Nós Pobra, PSdeG-PSOE e VIxP). Denegada a moción ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP).

7. Moción do grupo municipal do BNG relativa á adopción de medidas para a defensa e normalización da lingua galega. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

8. Moción do grupo municipal do BNG relativa á inclusión nos orzamentos da Xunta de Galiza para 2025 das partidas necesarias para contribuír ao desenvolvemento social e económico do noso concello. Aprobada a emenda de engádega presentada polo PSdeG-PSOE con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP). Aprobada a moción emendada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

9. Moción do grupo municipal do PP relativa á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación de Violencia contra as Mulleres. Denegada ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP).

10. Rogos e preguntas.

Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas