A Pobra organiza un obradoiro de conciliación para as vacacións de Semana Santa

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellería de Igualdade, promove un obradoiro de conciliación para as vacacións de Semana Santa co obxectivo de favorecer a compatibilización da vida persoal e laboral das familias. A actividade desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril no CEP Salustiano […] O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellería de Igualdade, promove un obradoiro de conciliación para as vacacións de Semana Santa co obxectivo de favorecer a compatibilización da vida persoal e laboral das familias. A actividade desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril no CEP Salustiano  

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellería de Igualdade, promove un obradoiro de conciliación para as vacacións de Semana Santa co obxectivo de favorecer a compatibilización da vida persoal e laboral das familias.

A actividade desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril no CEP Salustiano Rey Eiras, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Ademais, as familias terán á súa disposición os servizos Madruga e Comedor, cos que se busca adaptarse mellor ás necesidades das familias participantes.

O prezo da actividade será de 20 euros, cun 50 % de desconto para o segundo irmán ou irmá, mentres que o terceiro ou terceira poderá asistir de balde.

As persoas interesadas poderán realizar a inscrición ata o 25 de marzo a través da Sede electrónica do Concello (instancia xeral), na oficina de rexistro municipal ou directamente no Servizo de Igualdade.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar con este servizo a través do correo electrónico igualdade@apobra.gal ou no teléfono 981 832 764 (extensión 6).

O programa está cofinanciado con fondos do Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas