Doce badaladas, doce uvas e moita diversión. A Pobra do Caramiñal deu xa a benvida ao 2025 cunha celebración que comezou nas inmediacións da Casa Consistorial neste mediodía dun 31 de decembro no que o tempo, malia vir con frío, volveu deixar a chuvia para máis adiante (o que agradeceu a veciñanza e a organización […] Doce badaladas, doce uvas e moita diversión. A Pobra do Caramiñal deu xa a benvida ao 2025 cunha celebración que comezou nas inmediacións da Casa Consistorial neste mediodía dun 31 de decembro no que o tempo, malia vir con frío, volveu deixar a chuvia para máis adiante (o que agradeceu a veciñanza e a organización
Doce badaladas, doce uvas e moita diversión. A Pobra do Caramiñal deu xa a benvida ao 2025 cunha celebración que comezou nas inmediacións da Casa Consistorial neste mediodía dun 31 de decembro no que o tempo, malia vir con frío, volveu deixar a chuvia para máis adiante (o que agradeceu a veciñanza e a organización do evento).
Trátase dunha iniciativa organizada novamente pola Concellaría da Cultura dada a boa acollida do pasado ano.
A pesar de ser este 31 de decembro un martes, numerosas persoas congregáronse fronte ao consistorio, esgotando así a totalidade das provisións: arredor de 450 bolsas de uvas e 600 cotillóns.
O cómico Oswaldo Digón exerceu de presentador neste acto caracterizado pola interacción co público, animando a desbotar o malo para entrar no novo ano como se merece. E A Pobra festexou este particular fin de ano en conxunto ao son dun DJ para, deseguido, ir tras da música de Os Festicultores por todo o núcleo urbano na sesión vermú.
Xa pola noite, a partir das 01.00 horas, o toldo situado na praza Alcalde Segundo Durán converterase en punto de encontro coa festa de Aninovo con DJ e cotillón.
Barbanza-Arousa | O Barbanza